PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Forman un grupo antifederalista
Os conservadores británicos abandonan o Partido Popular Europeo

Redacción .  O Partido Conservador Británico non sumará os seus escanos ao grupo do Partido Popular Europeo no parlamento de Bruxelas e Estrasburgo. A dereita da illa compartirá bancada co grupo denominado antifederalista, de claro corte euroescéptico.

Reloxo 22.06.2009 | 18:52

David Cameron, líder dos conservadores británicos David Cameron, líder dos conservadores británicos

Na lexislatura europea 2009-2014 os conservadores británicos compartirán bancada cos euroescépticos e abandonan o Partido Popular Europeo. Segundo o líder conservador, David Cameron, a decisión chega logo de que "encontrásemos apoios suficientes para defender dunha maneira eficaz o noso programa antifederalista e antiburócrata".

O novo grupo dos conservadores conta con 55 deputados (26 dos cales serán británicos) cuxo ideario será a loita contra a burocracia, a redución de impostos e a desregulación dos mercados. No grupo estarán partidos como o polaco Lei e Xustiza, do primeiro ministro Lech Kaczynski e outros grupos de dereita de Letonia, Finlandia ou Chequia, entre outros países. Entre outras demandas, este grupo aposta por fortalecer os lazos da UE coa OTAN e cambiar o paradigma sobre o cambio climático ou os dereitos dos inmigrantes.

A decisión dos conservadores aínda non foi comentada polos populares, que perden un grupo de deputados aínda que seguen a ser a primeira forza do europarlamento. Quen si falou foi o ministro de Asuntos Exteriores británico, David Miliband, quen afirma que os conservadores pasaron do "euroescepticismo ao euroextremismo".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río