PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Consumo consciente
A cociña solar, nunhas xornadas na Coruña

Redacción .  A Asociación de Veciños Monte-Alto da Coruña organiza esta semana varias actividades relacionadas co consumo responsábel e a súa conexión co respecto ao medio ambiente.

Reloxo 22.06.2009 | 14:15

Baixo a denominación de 'Consumo consciente: da horta á mesa' a Asociación de Veciños Monte-Alto da Coruña organiza entre o 24 e o 26 de xuño varias charlas e obradoiros para dar a coñecer as alternativas de consumo respectuosas co medio ambiente.

O local veciñal será o lugar no que se desenvolva a charla sobre 'Dereitos e deberes do/a consumidor/a' o 24 de xuño ás 18:00 horas a cargo de persoal da Omic  (Oficina Municipal de Información ao Consumidor). Esta actividade rematará cun obradoiro no que se porán en práctica algunhas das premisas comentadas durante a conferencia.

O mércores 25 de xuño, ás 19:30 horas, persoal da Omic desenvolverá o obradoiro 'Consumo e medio ambiente', ao que lle sucederá a conferencia 'Cultivo ecolóxico', a cargo do produtor Antón Sánchez García, a partir das 20:30 horas.

O venres 26, o programa destas xornadas achega ata o local da Asociación de Veciños Monte-Alto dúas charlas: 'Soberanía alimentar', a cargo da activista da Marcha Mundial das Mulleres, Isabel Villalta, programada para as 18:00 horas, e 'Transxénicos', na que falará Charo Sánchez Parga, produtora ecolóxica e integrante da Plataforma Antitransxénicos, a partir das 19:00 horas.

A semana adicada ao consumo consciente remata este sábado cunha feira de produtos da terra no Campo de Marte na que haberá obradoiros para os cativos, venda de produtos ecolóxicos de produtores da comarca e unha mostra de cociña solar e xantador.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río