PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Recital a tres voces
Glayíu Editorial preséntase en Compostela

Lara Rozados A Biblioteca Ánxel Casal acolleu o venres 12 deste mes a presentación da editora asturiana, a cargo de tres das voces poéticas que teñen os seus libros nela. Tamén se leron poemas dos libros editados pola galega Estaleiro.

Reloxo 22.06.2009 | 14:04

Presetancación da Editora Glayiu. L. Rozados/ R. Rei

Ao longo dunha fin de semana, Glayíu Editorial fixo a "minixira" Nocturna y Alevosa. La pallabra flexible 3.0: o venres 12 de xuño estiveron na Biblioteca Ánxel Casal, de Compostela, presentando algunhas das súas novidades en poesía, e tamén compartindo un recital con membros de Estaleiro Editora. A seguir, marcharon para o club La Velvet, na Coruña, e xa o sábado volvían para Xixón.

Aquí podedes ver recitar a Pablo X. Suárez algúns dos seus poemas inéditos, que pronto sacará Glayíu. Autodefínese como tecnopoeta, naceu en Samartín d'Anes no 81, e ten publicado Asturiana Beat (2005). A coruñesa María Couceiro recitou poemas do seu libro La gran actuación, e David González (San Andrés de los Tacones, 1964), de El demonio te coma las orejas (primeira edición do 97, reeditado por Glayíu o ano pasado) e Loser (Bartleby Editores, este mesmo ano).

Tamén leron poemas de Plan de Fuga, de Alberto Lema (Lorena Souto); e de Máquina de guerra, de Raida Rodríguez (Iria Sobrino), ambos os dous editados por Estaleiro.

 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río