PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
BLOG XOSÉ MIRANDA
Xose
Miranda
Escritor
Noticias lendarias da Pastoriza
Non son lendas tradicionais, non son mitos... Ao xeito de relato verídico, os cativos contan cousas que traspasan os límites da realidade.
 22.06.2009 | 13:30

Estaba na parada do bus e cantou a péga. Ao chegar do colexio miña nai díxome que rompera un brazo (Hugo).

Contáronme que hai anos meu avó ía saír do garaxe co coche e unha péga botou un bo anaco cantando e ese mesmo día tivo un accidente. Contoumo miña nai en Álvare (Xavier).

Os vellos antes dicían que cando se sentía un ruído no faiado, quería dicir que ía morrer alguén. (Tania Fernández).

A xente antes dicía que cando os corvos cantaban era porque pedían auga. Antes dicíase que se soñabas con persoas mortas e no soño estaban vivas, dábache boa sorte. Os gatos negros dan mala sorte se os ves en martes 13. Pasar por debaixo dunha escada dá mala sorte. Se rompes un espello tes sete anos de mala sorte.  Contan os vellos de Louredo que unha rapaza de poucos anos morreu ás 12h00 en punto e agora ese mesmo día óese esa muller berrar. (Tania).

Miña nai contoume que no 1998 un home viña andando por unha estrada de noite, e aparecéuselle unha muller moza vestida de negro. A muller chegouse a el e tocoulle o corazón, entón produciuse unha explosión e o home desapareceu. Ninguén sabe o que pasou, pero houbo veciños que viron a luz da explosión. Ocorreu en Outeiro, Castro de Rei. (María)

Cóntase que no cemiterio de Reigosa unha muller quedara fechada toda a noite e que vira un morto e morreu co susto. Din que quen pasa por alí oe os berros da muller. (Cristina)

Din os vellos de San Lourenzo (Vilalba) que no cemiterio mataron unha rapaza moi nova, xusto ás 12h00 da noite. Din que aínda se poden escoitar os berros desa moza. (Susana)

Miña bisavoa no tempo da guerra civil ía de noite á igrexa de Vián e perdeu nela unha zoca. Co medo que lles levaba aos que roubaban de noite non se atreveu a volver pola zoca e seguiu descalza cara á casa. (Cristina)

Unha vez ía meu avó no cabalo cara ao muíño, saíulle un lobo e o cabalo non quería pasar. Cando conseguiu que pasara, o lobo seguíao ata as primeiras casas e alí xa desapareceu. (María López, contoullo seu avó Moisés, na Pastoriza)

O meu bisavó vía pasar unha luz pola noite, coma unha candea deitada, se esa vela que eles chamaban facha caía ao chan nunha propiedade, morría o dono. (María López)

Cando na miña parroquia (Outeiro de Rei de Castro de Rei) alguén morre sen contar unha cousa importante, sae da tumba o espírito e cóntallo ás persoas que o visitan. (María)

A min dicíanme de pequeño que se non ía dormir había vir o Papón e íame levar para a casa del, pero agora xa non creo nesas cousas porque teño 12 anos. (Hugo)

Cando era pequena dicíanme que se non durmía ou non me portaba ben viña o Papón ou o Cuco levarme. (María)

Dicían que unha muller estaba fechada nunha tenda de roupas e subiu á planta de arriba e busca o cuarto das cámaras de vixiancia, e alí viu que había un home oculto cunha machada. A muller colleu medo e marchou correndo, pero non se volveu saber dela. (María, que engade: “lenda urbana”)

Contan que unha rapaza tiña unha serpe e ela dáballe de comer, pero un día paroulle de comer e non sabía por que, Cando a rapaza estaba durmindo e estirouse ao seu carón para saber canto medía. (Xavier, contoullo o pai en Álvare).

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río