Redacción . Os groenlandeses celebraron onte de xeito oficial a entrada en vigor do seu Estatuto, que recolle o dereito de autodeterminación e senta as bases pata unha futura independencia.
Nuuk, capital de Grenlandia
Grenlandia celebrou onte con concertos e actividades culturais e deportivas o seu novo réxime estatutario, que supón o seu maior fito histórico. O documento, aprobado hai seis meses co 75 por cento a favor, recoñece como tal o pobo groenlandés, o seu idioma como única lingua oficial e amplía ao máximo as competencias que pode asumir o Goberno. O país terá o control dos ingresos do subsolo, o que lle permitiría ser autosuficiente.
Seis áreas seguirán baixo control danés, a Constitución, a nacionalidade, o Tribunal Supremo, a defensa e seguridade, a política monetaria e de divisas e a política exterior, aínda que as autoridades groenlandesas deben ser tidas en conta en cuestións internacionais que lle afecten ao seu territorio.
Descargar Tarifas