PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
Modificación da Lei da Función Pública
Concentración no Parlamento a prol do galego nas oposicións

Redacción .  Esta mañá, de 9.30 a 12.30, as inmediacións do Parlamento acollen unha concentración –convocada entre outros pola CIG, CC OO e UGT– como protesta á modificación que o PPdeG vai introducir na Lei da Función Pública e pola que se elimina o galego das oposicións.

Reloxo 23.06.2009 | 07:15

Oposicións en Silleda Oposicións en Silleda. Pepe Ferrín / AGN Os arredores do Parlamento, na rúa do Hórreo, acollen hoxe unha protesta contra a modificación da Lei da Función Pública, impulsada como unha medida “urxente” polo goberno da Xunta que preside Alberte Núñez Feixóo. Con este cambio, o PPdeG elimina o artigo que estabelece que ao menos unha das probas para o acceso a un posto na administración galega han ser na lingua propia de Galiza.

A concentración convocada polas tres forzas sindicais maioritarias no ámbito da función pública no exterior do Parlamento coincidirá co debate definitivo e votación da modificación proposta polo goberno da Xunta no hemiciclo, logo da súa aprobación inicial esta semana cos votos do grupo parlamentario do PPdeG.

A Mesa pola Normalización Lingüística, entre outros colectivos, chama á participación da cidadanía neste acto reivindicativo fronte á “intolerancia lingüística que, día si e día tamén, amosa o PP desde o goberno da Xunta”. Para a asociación cidadá que preside Carlos Callón “o bilingüismo amábel e cordial do PP semella consistir nun ataque novo contra a lingua de todas e todos os galegos cada día”.

Traballadores non entenderán o galego

Para a entidade normalizadora, a modificación da Lei da Función Pública é unha verdadeira “contrarreforma” que nega os dereitos lingüísticos das galegas e galegos e “invalida na práctica" que o galego poida ser empregado polas administracións públicas galegas “como unha verdadeira lingua oficial”.

A Mesa advirte de que esta modificación “legaliza” a posibilidade de que haxa “traballadoras e traballadores ao servizo dos poderes públicos que non teñan por que dominar e nin sequera entender o galego”, xa que o dominio da lingua propia de Galiza deixa de ser considerado un “requisito” para ser simplemente un “mérito” que se vai poder acreditar a través “dun simple certificado”. “Sería”, din desde a asociación, “como se ter a licenciatura en Dereito eximise de ter que responder a parte xurídica do temario”.

A Mesa considera que o goberno da Xunta é “o único do mundo que quere facer do seu territorio o único do mundo onde non sexa necesario coñecer unha das linguas oficiais para traballar na administración”. “Como tal”, afirma a asociación, “é un goberno irresponsábel a quen nin sequera lle importa, por exemplo, que un médico non entenda os seus pacientes por non dominar a lingua na que lle falan”. E é que son “as administracións públicas quen deben estar ao servizo das persoas administradas, e non ao revés”, conclúen.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río