PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
A fundación recibiu case 3,4 millóns en axudas públicas
O BNG pide que o Parlamento condene as proclamas antigalegas da FAES

Redacción .  O deputado do BNG no Parlamento, Bieito Lobeira, vén de presentar unha proposición non de lei pola que insta a Cámara Galega a que manifeste 'a súa máis enérxica condena e rexeitamento ás proclamas xenófobas e antigalegas realizadas pola fundación FAES'.

Reloxo 22.06.2009 | 11:49

Bieito Lobeira, deputado do BNG Bieito Lobeira, deputado do BNG. AGN Ademais, a iniciativa do BNG insta o Goberno galego a que “a iniciativa propia, e tamén perante o Goberno español, utilice as medidas precisas co fin de que a fundación FAES cese de inmediato coas súas actitudes manifestamente hostís á diversidade nacional, lingüística e cultural existente no Estado Español e, especificamente, respecte o dereito do pobo galego á súa existencia política e ao exercicio pleno dos seus dereitos lingüísticos e culturais”.

Bieito Lobeira denuncia que a FAES, vinculada ao PP e presidida por José María Aznar, “utiliza a arma do racismo e da xenofobia para atacar, insultar e humillar os galegos e galegas” nas súas publicacións e informes.  Pon como exemplo, o seu cuestionamento da existencia do idioma galego, ao que considera “una suma de variantes lingüísticas galaicas que, por comodidad, llamábamos gallego”.

Ademais, a FAES ataca directamente o Estatuto de Autonomía de Galiza por considerar o galego a lingua propia de Galiza, ao defender que “el concepto de lengua propia (....) se trata, que duda cabe, de una idea predemocrática que legítima la prevalencia de una de las lenguas con respecto a la otra que, para más inri, es la única lengua oficial del Estado”. Considera que as políticas de apoio ao noso idioma, regulada a través da Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983 polo Parlamento Galego, “es la última de las extravagancias que atraviesa la historia de España”.

Discriminación

Ademais, a FAES insinúa que durante os 40 anos da ditadura fascista de Franco a lingua galega non estivo prohibida asegurando que, no caso das publicacións, tivo “el mismo límite que tuvieron las producciones en castellano”.

Por último, e entre outras mostras de afirmacións prexuizosas,  a FAES critica as políticas de discriminación positiva a favor do galego, a lingua que está en situación de inferioridade, comparando co nulo efecto que estas políticas tamén tiveron, ao seu xuízo, sobre as mulleres e os negros.“El caso de negros y mujeres en Estados Unidos a partir de 1970 con el de catalanohablantes y vascohablantes en España a partir de 1980, -a los gallegohablanes la hora les ha llegado más tarde- los efectos contraproducentes de la discriminación positiva son muy parecidos aquí y allí”.

A FAES recibiu o pasado ano máis de 3,4 millóns de axudas públicas
Bieito Lobeira lembra que a fundación FAES “é a máis subvencionada polo Ministerio de Cultura do Goberno español”. Así, no presente ano 2009 recibirá 2,68 millóns de euros para fomentar as súas actividades, cantidade á que compre acrecentar outros recursos procedentes dos Ministerios de Asuntos Exteriores e do Educación. En 2008 a FAES recibiu dos recursos públicos 3.348.470 euros.

Neste  sentido, o deputado nacionalista considera “hipócrita e cínico que a FAES defenda a supresión das axudas ao idioma galego, canto esta fundación nun contexto de crise económica recibe unha cantidade moi importante de recursos públicos, que en troques de destinalos a combater a diversidade nacional, lingüística e cultural do Estado, se poderían destinar a fins máis altruístas.

Por cada euro que recibe o galego en axudas o español recibe 230

Por último, o parlamentario do BNG lembra que “por cada euro dedicado ao galego destínanse 230 ao español, incluíndo Instituto Cervantes, axudas á cinematografía en español, publicacións e edicións en español etc”.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río