PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Contará cos seus mellores efectivos, agás Ibán Mayoz
O Xacobeo preparase para os campionatos estatais de ciclismo

Redacción .  Os ciclistas do Xacobeo Galicia estanse a preparar para os vindeiros campionatos estatais de ciclismo que se celebrarán en Santander. A súa preparación comezará cun adestramento colectivo o vindeiro mércores na praia viguesa de Samil.

Reloxo 22.06.2009 | 11:41

Ciclistas do Xacobeo nunha concentración Ciclistas do Xacobeo nunha concentración

O principal representante do ciclismo galego, o Xacobeo, disporá dos seus mellores efectivos para os campionatos estatais do deporte da bicicleta que se celebrará en terras cántabras a vindeira fin de semana, entre o 26 e o 28. A única baixa do equipo galego será Ibán Mayoz, que aínda non se recuperou das molestias da caída do Giro de Italia.

A primeira proba deste campionato terá lugar o venres no contra reloxo individual, modalidade na que o cadro galego ten como fixos a David Herrero e Gonzalo Rabuñal. Polo de agora, existe a dúbida de Gustavo Veloso, no que se aprecia unha notábel melloría con respecto ás sensacións que experimentou a causas das alerxias.

O día “grande” para o Xacobeo e o resto dos competidores será o domingo, 28. Nesa data terá lugar a proba de fondo en estrada, a máis importante de todas, na que o equipo galego ten ciclistas de gran talla entre eles Marcos Fernández e David García, entre outros, a máis de Ezequiel Mosquera, aínda que este último, se cadra, non se encontra no seu mellor momento, xa que hai pouco tempo que volveu á competición despois da lesión que lle impedira estar presente na centenaria rolda transalpina.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río