PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Coa súa novela 'A do vinteún'
Hixinio Puentes, Premio Risco de Creación Literaria

Redacción .  A súa novela 'A do vinteún', un relato histórico sobre o mundo da armada entre 1800 e 1810, valeulle ao escritor coruñés este galardón, na X edición do certame.

Reloxo 22.06.2009 | 09:55

Hixinio Puentes Hixinio Puentes

Hixinio Puentes Novo (Porto do Barqueiro, 1952) volve ao mundo dos mares cunha historia dotada dunha "ollada que trascende o espello xeográfico galego", segundo o xurado, formado por Camiño Noia, Arturo Lezcano, Afonso Vázquez e Ánxela Gracián. Resaltaron a obra tamén como un "estudo áxil" marcado por "unha boa documentación que contribúe á verosimilitude narrativa".

Puentes, profesor de Historia, leva escribindo dende 1993, combinando a novela co ensaio, e centrado case sempre en motivos marítimos. Acadou en 1999 o accésit do Premio de Xornalismo David Fojo cunha serie de artigos publicados n'A Voz de Ortigueira. Como narrador publicou as novelas O bandido Casanova (Xerais 2000), Premio Pastor Díaz 1999, Aguillóns de Ortegal (Xerais, 2005), e, recentemente, Moonbars o Exterminador (IV Premio Eixo Atlántico de Narrativa Galega e Portuguesa 2006), unha novela que leva o pouso da escrita de aventuras de Stevenson ou Steinbeck. Aquí poden ler a crítica de X.M. Eyré en ANT.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río