PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Carga contra a política antigaleguista
Cuíña admite conflito interno no PPdeG pola lingua

Redacción .  Nunha columna de opinión, e baixo o título 'Un exercicio de responsabilidade', Rafael Cuíña, recoñece a 'fractura' no seo dos 'populares' galegos. O fillo do que fora conselleiro con Manuel Fraga advírtelle ao sector máis conservador que o PPdeG 'ten a obriga moral de defender un dos alicerces fundamentais da nosa cultura como é o galego' e declárase 'decepcionado' con algunhas correntes do partido.

Reloxo 22.06.2009 | 07:36

Rafael Cuíña, fillo de  Xosé Cuíña, é saudado por Feixóo, nun recente acto electoral Rafael Cuíña, fillo de Xosé Cuíña, é saudado por Feixóo, nun recente acto electoral. FLICKR/PP

El Correo Gallego publicou onte un artigo de opinión que, baixo o título “Un exercicio de responsabilidade”, se presenta como unha declaración de intencións da corrente galeguista do PPdeG respecto á lingua. Na columna, Rafael Cuíña advirte da “fractura social” que se dá entre “os que consideramos que o idioma nai de Galicia debe ser un motivo de orgullo” e o que chama “pseudoelites das cidades”, as persoas “alarmadas por un suposto risco de desaparición do idioma castelán en Galicia”.

O fillo do que fora conselleiro no Executivo de Fraga, lémbralle ao PPdeG que no partido “estamos xentes de diferentes sensibilidades que nos preocupa a ambigüidade co noso idioma, a defensa da nosa cultura e a promoción de todo aquilo que son os nosos sinais de identidade, como pobo diferenciado.

Decepcionado 

Para Cuíña, o PP ten “a obriga moral de defender un dos alicerces fundamentais da nosa cultura, como é o galego”, pero séntese decepcionado co españolismo que perseguen os novos líderes do partido. “Expreso a miña decepción con algúns sectores do partido que tiñan que liderar o sentimento galeguista que moitos militantes temos, e que están sospeitosamente calados nun momento tan importante para a nosa cultura como é un debate sobre o idioma de Galicia”. Cuíña asevera, “que quede claro que non só non comparto ese silencio, senón que o rexeito e critico, con humildade, pero con absoluta determinación”.

No artigo, Cuíña lánzalles outro recado aos que seguen os ditados de Génova. “Non entendo os complexos que algúns manifestan no seu subconsciente co galego”. Logo de advertirlles aos seus compañeiros de partido do risco que corre a lingua de caer “na marxinalidade”, Cuíña pídelle á cúpula do PPdeG “sensibilidade, responsabilidade e demostración de orgullo co idioma”.

O popular despide a columna en El Correo Gallego cunha clara alusión ao españolismo do equipo de Alberte Núñez Feixóo. “Ao Partido Popular de Galicia que eu mamei ninguén podería darlle leccións de galeguismo; hoxe, ás veces, non o teño tan claro”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río