Europa Press . Salvamento Marítimo rescatou onte un total de 68 persoas, tres delas menores e unha, muller, que chegaron á costa almeriense de Cabo de Gata a bordo de cinco pateras.
Dúas das pateras foron remolcadas, unha pola Garda Civil e a outra por Salvamento Marítimo. Segundo informaron a Europa Press fontes do Servizo de Urxencias Coordinadas do 112 en Andalucía, un dos inmigrantes necesitou asistencia sanitaria, polo que foi trasladado ao Hospital Torrecárdenas da localidade, pero polo momento descoñécese o estado de saúde.
A chamada dun particular ás 16.45 horas de onte alertou de que había unha embarcación próxima a Cabo de Gata, polo que dende o Servizo de Urxencias do 112 deuse aviso a todos os operativos; desta forma acudiron Salvamento Marítimo, Garda Civil, Cruz Vermella e servizos sanitarios.
Cruz Vermella e Salvamento Marítimo confirmaron posteriormente a proximidade de cinco embarcacións á costa. Nun primeiro momento, á zona coñecida como Cala da Area, en Cabo de Gata (Almería), chegaron tres pateras con 36 persoas a bordo e, ao longo da tarde-noite, chegaron as outras dúas pateras remolcadas por Garda Civil e Salvamento Marítimo.
Descargar Tarifas