Redacción . A axencia de noticias semioficial Fars informou do estoulido dunha bomba na capital iraniana, preto do mausoleo do aiatolá Jomeini. A persoa que levaba a bomba morreu e outras dúas resultaron feridas.
Hoxe tivo lugar unha nova marcha de prostesta contra os resultados dos eleccións presidenciais da semana pasada, que outorgaron unha ampla vantaxe ao actual presidente, Mahmud Ahmadineyad. As fortes medidas de seguridade en Teherán dificultan, así e todo, que os diversos focos de protesta se congreguen nun mesmo lugar da cidade. As persoas participantes, na súa maioría novas, realizan cos seus dedos o sinal da vitoria e repiten os lemas de manifestacións pasadas, como "morte ao ditador". A policía impediu que un amplo grupo de manifestantes (entre un milleiro e dous de persoas) se achegase á emblemática praza de Enguelab, con canóns de auga e gases lacrimóxenos . O subdirector da Policía nacional iraniana, Ahmad Reza Radan, recordou esta mañá que a manifestación é ilegal e que as forzas de Seguridade actuarían en consecuencia". "Debo recalcar que todas as protestas habidas nos días previos foron ilegais e que a de hoxe tamén o é. A Policía actuará con firmeza e determinación". Posíbel reconto de votos
A celebración da protesta estivo toda a mañá pendente dun fío polas mensaxes confusas que aseguraban que a organización decidira suspendelas e as ameazas de represalias por parte da policía e das autoridades do país. Os activistas prol Musaví tiveron que reafirmar esta mañá a convocatoria da marcha de protesta, e aseguraron que o anuncio da suspensión que emitía a televisión estatal iraniana era falsa e forma parte dunha "campaña de intoxicación", levada ao cabo polas autoridades iranianas.
Onte, a máxima autoridade de Irán, o aiatolá Jamenei, esixiu, nun inusual sermón do venres, o fin das revoltas rueiras e advertiu aos tres líderes da oposición que serán os responsábeis directos das consecuencias. Algúns analistas interpretaron as palabras do líder supremo como un visto e prace para que esas forzas paramilitares que defenden ao sistema poidan tomarse a xustiza pola súa man. "O discurso de Jamenei lexitima a brutalidade policial", denunciou un comunicado de Amnistía Internacional, que eleva o número de mortos dos últimos días a 15.
O Consello dos Gardiáns da Revolución, máximo órgano lexislativo de Irán, está disposto a efectuar un reconto aleatorio do 10% dos votos das eleccións presidenciais do pasado 12 de xuño, segundo informa axénciaa EFE. O citado órgano mostrar disposto a recontar de forma parcial as urnas que estean suxeitas a polémicas, aínda que parece moi pouco probable que atenda a principal demanda da oposición, que é a repetición dos comicios.
A decisión prodúcese despois de que os tres candidatos derrotados fosen convocados a unha reunión extraordinaria do Consello de Gardiáns para analizar as 646 queixas formais que elevaron por presuntas irregularidades nas eleccións presidenciais do 12 de xuño.O portavoz do Consello de Gardiáns, Abas Ali Kadkhodaei explicou que os candidatos foron citados para que "expresen a súa opinión e eleven as súas queixas en presenza dos doce membros do Consello antes da decisión final".
Descargar Tarifas