PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O galego, idioma de 'coñecemento e reflexión'
A Aula Castelao cualifica a enquisa de 'demagóxica'

Redacción .  A Aula reivindica nun comunicado o seu labor a prol da normalización do galego a través de publicacións ou da Semana Galega de Filosofía, e salienta que a participación de intelectuais internacionais, como José Saramago, Adolfo Pérez Esquivel, Eduardo Galeano, Sami Nair ou James Petras, difundiuse na nosa lingua.

Reloxo 20.06.2009 | 10:51

A Aula Castelao de Filosofía cualificou como "equívoca e tendenciosa" a consulta ás familias enviada pola Consellaría de Educación ao respecto da lingua nas materias troncais no ensino non universitario. Afirman que se trata dunha iniciativa "demagóxica" cuxo obxectivo final é "limitar ou suprimir nos nenos e nenas a competencia lingüística en galego".

Segundo a Aula Castelao, "o vocabulario técnico e filosófico é traducíbel, expresábel e interiorizábel en calquera lingua", e o galego é tamén idioma de "coñecemento e reflexión filosófica" para contribuír ao "enriquecemento do vocabulario e dos contidos dos currículos de Filosofía" dos centros. Tamén defendeu o "orgullo e prestixio" do idioma, e pediulles ás institucións que apoien a competencia lingüística en galego. Para isto, reclama "que se propicien realmente as canles de coñecemento científico, tecnolóxico, filosófico e artístico" na lingua propia.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río