Redacción . Os tres sindicatos agrarios e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) reclaman hoxe, ante as grandes cadeas de distribución, un prezo digno para o leite. Haberá accións de protesta en varios centros de Santiago, A Coruña e Lugo.
Os tres sindicatos agrarios -Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego- e as cooperativas lácteas -Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca)- convocaron protestas para este venres ante estabelecementos de LIDL, Carrefour e Eroski en Santiago, A Coruña e Lugo. Deste xeito, queren esixirlle ás cadeas de distribución comercial “un cambio de actitude” e o abandono de prácticas que, ao seu xuízo, contribúen á destrución do sector lácteo galego e español. As protestas comezan ás 11.30 horas ante o LIDL de Santiago de Compostela -en Costa Vella-, o Carrefour da Coruña e o centro comercial de Eroski en Lugo. Esta será a única actuación conxunta das organizacións agrarias e Agaca esta semana, na que o Sindicato Labrego e Gandeiros Unidos organizaron unha tractorada en varias localidades.
Protesta dos gandeiros en Madrid polo prezo do leite.
1 / 2
Descargar Tarifas