PUBLICIDADE
Xoves, 09 de setembro de 2010
Iniciativas 'populares' contra a crise
O PP defende a supresión do imposto para mercar iates

Europa Press O Grupo Popular defendeu na Comisión de Economía e Facenda do Senado unha moción para suprimir o Imposto de Matriculación na adquisición de embarcacións de recreo, co obxectivo de 'aliviar a crítica situación dun sector que lle da emprego a 115.000 persoas'. Por iso, lamentou que o PSOE se opuxera a devandita moción.

Reloxo 18.06.2009 | 15:24
TAGS: PP , iates , senado ,

Un Iate construído por Rodman Un Iate construído por Rodman

Neste sentido, o senador ourensán Miguel Pérez de Juan denunciou que o tratamento impositivo estabelecido en España para a adquisición de iates é "un dos máis gravosos de Europa".

Deste xeito, indicou que en países como Francia e Italia adquirir un iate soporta un 19,6 por cento e 20 por cento respectivamente, mentres que en España a taxa impositiva é do 28 por cento.

"Estas diferenzas nas cargas fiscais dificulta enormemente o desenvolvemento do sector náutico español", advertiu Pérez de Juan, para quen "formar parte da Unión Europea debería reflectirse nunhas normativas o máis comúns posíbeis que evitaría diferenzas tan graves e daniñas".

Para rematar, o senador popular dixo que no último ano se estima unha caída nas vendas de embarcacións de recreo do 50 por cento, mentres que noutros países "grazas ás medidas instauradas" se están alcanzando resultados "moi positivos".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Presidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río