PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Tentan acceder a outras grandes almacéns
Gandeiros retiran leite dun supermercado de Santiago

Europa Press Uns 150 gandeiros asociados a Gandeiros Unidos, segundo estimou a Policía, entraron hoxe nun estabelecemento de LIDL en Santiago, baleiraron os andeis de leite de 'marca branca' –Finessa– desta cadea de distribución e retiraron do local algo máis de 100 caixas –cada unha integrada por 12 tetra briks– deste produto en ao redor de 20 carriños da compra.

Reloxo 18.06.2009 | 14:30

Gandeiros no interior dun supermercado Gandeiros no interior dun supermercado. Pepe Ferrín / AGN No exterior do hipermercado situado no polígono de Costa Vella, os produtores lácteos tiraron, minutos antes do mediodía, as caixas ao chan e comezaron a lanzar cartóns ao chan e contra a fachada do estabelecemento. Así mesmo, prenderon lume a unha chea de tetra briks.

Un dos gandeiros sinalaba que o leite derramado de marca branca véndese ao consumidor en LIDL a 45 céntimos de euro, prezo que, ao seu xuízo, provoca que a industria láctea pague aos produtores "cada vez menos".

O custo medio de produción dun litro de leite para un gandeiro en Galiza rolda os 34 céntimos, aínda que os produtores cobran na actualidade unha media de 20 céntimos o litro, como afirmou o portavoz de Gandeiros Unidos, Xosé Agra. Neste sentido, reivindicou que a súa materia prima teña un prezo que permita cubrir eses gastos e obter unha "marxe de ganancias".

Actuación dos antidisturbios

Empregados de LIDL reprenderon os autores destes actos que, para sacar o leite do hipermercado, forzaron cos carriños os topes de seguridade situados nos postos de caixas, onde se cobra aos clientes. "Non tedes vergoña porque isto non o pagades vós", recriminaron a berros.

Varias unidades de axentes antidisturbios chegaron até o lugar pouco despois de que os gandeiros comezasen a sacar o leite do hipermercado LIDL e retiveron a varios produtores lácteos que aínda permanecían no interior. Gandeiros aseguráronlle a Europa Press que a Policía non identificou a ninguén e que simplemente reprendeu os autores da protesta.

Intentos noutros tres hipermercados

A acción efectuada en LIDL rexistrouse despois de que a presenza de dous furgóns de antidisturbios lles impedise aos produtores de Gandeiros Unidos acceder a un estabelecemento Maxi DÍA tamén situado no polígono de Costa Vella.

Empregadas deste hipermercado, que pechara o enreixado exterior, recordábanlles aos gandeiros que na súa anterior visita anterior a este local víronse obrigadas a limpar o leite derramado e responder ante os seus responsábeis dos danos ocasionados polos produtores lácteos.

Logo de abandonar o hipermercado LIDL, membros de Gandeiros Unidos dirixíronse a outro estabelecemento desta cadea comercial en Santa Marta –nas inmediacións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela– e a un Maxi DÍA situado nunha rúa paralela que enlaza coa estrada de Noia.

Tractorada pola tarde
A partir das 16.00 e até as 19.00 horas volverán circular tractores –uns 700 segundo esta asociación de produtores– por Santiago. O seu percorrido será similar ao da xornada de onte, segundo afirmaron a Europa Press distintos gandeiros. Os vehículos sairán de Salgueiriños e percorrerán a avenida de Lugo, rúa do Hórreo, Alameda, Galeras e Vistalegre para dirixirse de novo ao momento de partida.

Representantes de Gandeiros Unidos sinalaron que hoxe se sumaron á protesta máis tractores. Os produtores lácteos implicados nestas mobilizacións proceden de distintos puntos de Galiza, entre eles, Mazaricos, Vimianzo, Trazo, Tordoia, Santa Corda ou Dumbría na Coruña e de Lalín e Silleda, en Pontevedra.

Representantes de Gandeiros Unidos confiaron en desconvocar a tractorada de mañá grazas a que a Xunta está buscando "un achegamento entre distribución e industria", polo que esperan unha "resposta positiva" da Consellaría do Medio Rural.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río