PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Polémica coas facturas da AGADIC
Escena Galega di que as débedas da Xunta son deste ano

Redacción .  A Asociación, que representa máis de 30 empresas de teatro, monicreques e danza de Galiza, reiterou hoxe que a débeda dun millón de euros ao sector das artes escénicas por parte da Xunta corresponde a traballos realizados este ano e non a 2008.

Reloxo 18.06.2009 | 14:11

Ernesto Chao lendo o manifesto Ernesto Chao lendo o manifesto O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, afirmara o martes, despois dunha conferencia de prensa do sector das artes escénicas profesionais, que a débeda viña xa do goberno do bipartito. Mais Escena Galega explicou que "non hai débedas pendentes do ano 2008", e que a reclamación corresponde a facturas pendentes por "traballos do presente ano" na Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Salas, e na distribución de espectáculos no exterior segundo contratos realizados en outubro do 2008, na última Feira das Artes Escénicas de Galicia.

Así mesmo, en resposta á acusación por parte de Roberto Varela de que son "facturas sen soporte de contrato previo", a asociación indicou que as compañías de artes escénicas de Galicia "realizan os seus traballos nas distintas redes de distribución baixo soporte contractual e orzamentario": tanto a Rede de Teatros como a de Salas están "debidamente reflectidas nos orzamentos da AGADIC", e, no que respecta á distribución exterior, as contratacións poden estar documentadas en contrato tanto escrito como tácito, "práctica habitual a nivel nacional e internacional", sempre que se achegue a xustificación documental dos gastos de realizar estas funcións.

Para finalizar, a asociación pediu á Consellería de Cultura que "non confunda á opinión pública" con declaracións "non sustentadas na realidade" e insistiu en que se está producindo "unha situación de parálise que está afogando o sector ao que se lle debe cerca do 50% da débeda total da AGADIC".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río