PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Tamar
Novas
Actor
Os pais non existen
Sempre pensei que as rebaixas eran un negocio fantástico para as tendas. Despois de que todo consumidor medio –que como bo cristián, celebra a chegada de Xesucristo no Corte Inglés - merque os regalos de Nadal a prezos “normais”-é dicir, elevados-, os comercios agradecen o noso sacrificio divino –chamado despilfarro- rebaixando todo producto sen vender, e ofrecéndonos a posibilidade de seguir comprando cunha cruz menos pesada sobre os ombros. ¡Vivan as Rebaixas!
 16.01.2008 | 01:09

As rebaixas anuncian grandes descontos As rebaixas anuncian grandes descontos. AGN

Moi ben. Pois o segundo día deste ano 2008, miña nai díxome de mercar algo de roupa máis decente –para variar- canto antes, que xa están as Rebaixas... Un momento. ¿Rebaixas o 2 de xaneiro? Confusión. Como consumista habitual con formación universitaria síntome desprotexido. Non teño argumentos en contra da sociedade capitalista que me consume e me obriga a consumir cada día. As miñas teorías trapalleiras sobre as Rebaixas son inválidas. As grandes corporacións corporativistas megacapitalistas ofrécenme a posibilidade de mercar os regalos para os meus seres queridos a prezos descontados. Desconfío. Esa é a miña primeira reacción como cidadán concienciado. Ademáis, sentiríame culpable facéndolle un regalo á miña nai que estaba con desconto. O amor dun fillo non pode demostrarse cun 20% menos de custe. Desconfío das rebaixas adiantadas.

Cando estaba a piques de asumir que o libre-mercado e a lei de oferta-demanda son realmente unha bendición para as persoas, e que os comercios poden ter un espírito solidario materializado nas rebaixas adiantadas..., mentres miraba as reposicións das noticias do ano, escoito non sei que sobre as teorías conspirativas máis famosas de interné... ¡Eureka! ¿¿Por que non poden ser as rebaixas adiantadas unha conspiración?? Claro. Un rapaz formado e concienciado coma min coa ten que cuestionar tod, rebelarse, pensar por si mesmo, e sobre todo, desconfiar de todo aquilo que escoite nos medios, ou lea nos periódicos. Hai que desconfiar

Desconfío dos anuncios de publicidade. Desconfío. Desconfío dos gobernantes con bigotes imperialistas, e engominados noxentos. Desconfío da dereita, da esquerda, do centro. Incluso de Zapatero. Desconfío de tódolos medios, e sobre todo dos que desconfían. ¡Desconfío de todo dios! Cada día hai máis confirmacións, máis conspiradores, máis inimigos. A min, consumidor, non me engana o Corte Inglés. A min, cliente, ninguén me pode quitar a razón. Por min mesmo descubrín que o petróleo é un negocio e a guerra de Iraq unha farsa. Son consciente de que Hitler pode seguir vivo nunha illa do Pacífico Sur. O Prestige verteu máis que “hilillos de plastilina de ascenso vertical...”. Sei que o home nunca estivo na lúa, todo unha farsa. ¿Kennedy asesinado por Oswald?, escacho coa risa. Sei que Michael Jackson é un extraterrestre. O rei Juan Carlos, pola noite, transfórmase nun motorista que salva á xente nas estradas pouco iluminadas. Paul Mcartney foi sustituido por un dobre. ¿Reganosa un perigo ambiental? ¡que va!, etcéra, etcétera.

Todos se venden. Todos. Sempre hai alguén disposto a comprar a outro que non se quere vender. E mentres tanto, ¿quen pensa nos nenos? Nos inocentes. Tan só Papá Noel es os Reis Magos. E, ¿serán tamén eles froito dunha conspiración?¿Serían os Reis Magos os que rebaixaron os prezos e aforrar pasta para invertir no negocio do petróleo do seu Oriente Medio?
E agora un chiste: “Carliños, un rapaz de 5 anos, esperta no medio da noite do 6 de xaneiro. Alguén fai ruídos no salón da casa, onde o pequeno deixou os zapatos para recibir os presentes dos magos de Oriente. Carliños está seguro, son eles, pode incluso cheirar ós camellos das súas maxestades (aínda que na súa vila os Reis Magos desfiaron en quad). Carliños chega ó salón. ¿Que sucede? Non hai reis, nin camellos. Seu pai e súa nai camiñan sixilosos con paquetes envoltos en papel de regalo. O pai de Carliños descobre ó seu fillo, que permanece inmóvil cunha expresión de desconcerto e decepción no seu rostro. O pai, a uns metros do neno, leva a man á cara e arrinca a pel dende o pescozo ata a cabeza, ¡é unha máscara! Agora, un home negro – que se a Carliños lle fan xurar, é Baltasar – mira ó desconcertado rapaz e lle di: “Carliños..., os pais non existen”.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río