PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Que viven fóra da área viguesa
Caballero atribúe os ataques de Vigo e Nigrán a 'grupos minoritarios radicalizados'

Redacción .  O alcalde de Vigo, Abel Caballero, atribuíu os ataques con artefactos incendiarios nun concesionario de Nigrán e na vivenda dun empresario, así como a colocación doutro artefacto explosivo nun caixeiro, a 'grupo moi minoritarios e radicalizados' que actúan na área de Vigo pero que residen fóra dela, e desvinculounos do conflito laboral do sector metalúrxico.

Reloxo 17.06.2009 | 14:12

O alcalde de Vigo, Abel Caballero O alcalde de Vigo, Abel Caballero. C.F./AGN En declaracións aos medios tras visitar a oficina bancaria danada pola explosión, o rexedor explicou que eses "feitos violentos" están sendo investigados polas forzas policiais, que "cren saber de quen vén isto" e manifestou a súa esperanza de que os responsábeis dos mesmos sexan "detidos e postos a disposición xudicial".

Caballero vinculou os ataques a " grupos de delincuentes moi minoritarios e absolutamente marxinais na cidade" e anunciou que se extremará a vixilancia" nas zonas onde se produciron os incidentes. “Tratouse dunha agresión a toda a cidade", apuntou. "Quero manifestar a miña repulsa total por esta violencia, xa que Vigo é unha cidade pacífica e traballadora", engadiu.

Conflito do metal

Por outra banda, insistiu na necesidade de "separar estas actuacións violentas do conflito laboral do metal" porque "a ninguén se lle ocorre culpar do ocorrido esta noite aos traballadores". Así mesmo, pediu que se retome a negociación para pór fin a esta folga porque "non é de recibo permitir que as partes se levanten cando o acordo estaba moi próximo".

O alcalde lamentou que o presidente da Xunta non chamase sindicatos e empresarios como fixo el mesmo, porque, de telo feito, "o conflito arranxaríase". Tamén ofreceu a súa "cooperación activa e incondicional" para "sentar na mesa de negociación" e contribuír a solucionar a situación.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río