Redacción . Os alcaldes próximos a Xosé Luís Baltar filtran unha misiva na que se amaga cunha ruptura do PPdeG se Feixóo segue a 'humillar' ao presidente da Deputación de Ourense.
“Consecuencias políticas e sociais que correspondan” De non atender esta petición, Feixóo enfróntanse cunha ameaza velada de escisión. “O que temos que facer (...) non será outra cousa que seguir as indicacións e os criterios de quen nos representa como ninguén, coas consecuencias políticas e sociais que correspondan", advirten os alcaldes. O motivo da protesta é o malestar pola distribución de cargos no novo Executivo. “Chegou a hora de dicir xa abonda á serie de humillacións e desplantes que está recibindo o noso presidente provincial con motivo das designacións e nomeamentos producidos desde a toma do novo Goberno autonómico" explica o manifesto. Primeiro 'recado' sobre a lingua Este é o segundo toque de atención que o sector galeguista do PPdeG lle dá á dirección en menos de tres meses de lexislatura. O primeiro foi a filtración a El Correo Gallego do malestar pola deriva do partido cara as teses de Galicia Bilingüe. Cómpre lembrar que a maioría do PPdeG no Parlamento é por un só deputado. Por iso, calquera abstención dos parlamentarios próximos a Baltar poría en perigo a estabilidade da Xunta. O 'baltarismo' xa utilizou esta estratexia, amagar cunha ruptura do grupo parlamentario, durante un novo reparto de poder na Xunta tras a crise de Prestige. Un superdelegado que non gusta a Baltar Feixóo e Baltar evitaron pronunciarse publicamente sobre a polémica. Si falou Roxelio Martínez, superdelegado da Xunta en Ourense. Martínez argumenta que ningún mandatario que se considere realmente do PP debera firmar tal escrito. O nomeamento de Martínez por Feixóo é precisamente unha das “humillacións” a Baltar das que fala na carta. Martínez, procedente de AP, sempre foi o contrapoder do aparato do PP fronte ao barón ourensán, herdeiro político de Centristas de Galicia. Polo de agora a dirección conservadora négase a recoñecer a existencia da carta, malia que esta xa foi desvelada onte en El País e é reproducida hoxe nunha fotografía en Faro de Vigo. Nin Feixóo nin o seu número dous, Alfonso Rueda, teñen previsto facer declaracións hoxe en Galicia.
Baltar felicita a Feixóo tras ser proclamando presidente da Xunta.
Alberto Núñez Feixóo xa ten nas súas mans a carta de alcaldes ourensáns na que lle advirten das “consecuencias políticas e sociais” da marxinación do 'sector da boina' no reparto no poder da Xunta. A misiva, de tres folios, reclama a Feixóo “un cambio da súa actitude respecto de Ourense e do seu Presidente, corrixindo eses desplantes e atendendo á voz de Ourense, única, e que pronuncia, en nome de todos, Xosé Luís Baltar”.
Descargar Tarifas