PUBLICIDADE
Sábado, 13 de marzo de 2010
Para poder exercer a oposición no Parlamento
Os nacionalistas recorrerán perante o Tribunal Constitucional

Redacción .  O BNG recorrerá perante o Tribunal Constitucional para defender o dereito do seu Grupo Parlamentar a exercer o seu labor de control de Goberno. Segundo denuncian os nacionalistas, 'malia as boas intencións e disposición a chegar a acordos na reunión da Xunta de Portavoces de hoxe o PP volveu impedir a inclusión de proposicións non de lei'.

Reloxo 16.06.2009 | 14:27

Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento. AGN O portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, anunciou hoxe que finalmente os nacionalistas recorrerán ao Tribunal Constitucional para defender o dereito do grupo a exercer o seu labor de oposición. E é que malia a boa disposición na reunión que mantivo o portavoz do BNG con Pilar Rojo, presidenta da Cámara, o pasado venres e na xuntanza dos portavoces celebrada hoxe, o PP volveu impedir a inclusión de iniciativas nacionalistas.

Aymerich asegurou que non é casual que este novo veto dos populares coincida co tema da iniciativa que quería incorporar o BNG á orde do día, e que tiña a ver coa situación da empresa Caramelo.

Para o portavoz nacionalista, logo do acontecido no pleno da semana pasada, é “lóxico” que o PP non teña interese en traer á Cámara de novo este debate, de aí que, amparándose na súa interpretación do regulamento, volva silenciar o traballo da oposición, nomeadamente do BNG.

Lingua e AVE

Sobre a orde do día, criticou que finalmente se vaia “perpetrar” a reforma da Lei da Función Pública, que vai consumar a eliminación do galego nas oposicións en base a unha suposta “cortesía”, “cortesía con Madrid”, dixo.

A pregunta ao presidente versará sobre a valoración que fai da reunión con José Luis Rodríguez Zapatero, da que tamén vai dar conta Alberte Núñez Feixóo en comparecencia a petición propia, e que Aymerich considera tivo un resultado absolutamente baleiro de contido. O nacionalista subliña que non hai noticias nin de prazos nin de financiamento sobre o AVE, “salvo que se vai incumprir o acordado por unanimidade no Parlamento; nin hai nada sobre financiamento autonómico, malia o compromiso tamén unánime acadado na Cámara hai unha semana”.

Aymerich advertiu de que no caso do AVE, irse a un escenario máis alá do 2013 ten o risco de quedar fóra do apoio comunitario. Sobre os 29 millóns dos que se congratulou Núñez Feixóo, que veñen a Galiza por ter lingua propia, pediu que non se invistan en “facer enquisas”. Neste sentido, anunciou que levarán ao pleno unha interpelación sobre o decreto do galego no ensino.

Finalmente, tamén preguntarán polos anuncios de privatización da CRTVG, polo papel de Traballo no conflito do metal e polas medidas para erradicar os prexuízos que aínda hai en Galiza sobre a libre orientación sexual das persoas, dada a proximidade do 28 de Xuño, Día do Orgullo Gay.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río