PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
O PSdeG considera 'parcial' a enquisa
Sindicatos do ensino piden consenso sobre o galego

M. V O Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG) denunciará nos xulgados a orde, sen asinar, que prohibe actos informativos sobre a polémica enquisa. O PSdeG, que mantivo un encontro cos sindicatos educativos, considera 'parcial' a enquisa sobre o galego nas aulas que puxo en marcha a Consellaría de Educación.

Reloxo 15.06.2009 | 14:04

Sindicatos do ensino protestan contra a Derrogación do Decreto do galego Sindicatos do ensino protestan contra a Derrogación do Decreto do galego. Manuel Vilas

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Todos os sindicatos do ensino, menos o CSIF, volveron atacar hoxe a enquisa coa que Xunta xustificará a derrogación do decreto do Galego. CIG, Comisións Obreiras, UGT, SteG e ANPE reuníronse co PSOE en Santiago para coordinar unha resposta.

Denuncia pola prohibición dos actos

O STEG adianta que vai levar aos xulgados o correo electrónico, sen asinar, no que Educación prohibe actos informativos sobre a polémica enquisa. Xosé Cabido denunciou tamén o “uso partidista de fondos públicos” para defender os postulados “dun grupo minoritario que fixo moito ruído mediático”, en referencia a Galicia Bilingüe.

Cabido destacou que todas os sindicatos comparten uns “presupostos básicos” a favor da actual norma e contra a consulta.

A CIG pide que se responda “todo en galego”

Marta Dacosta, da CIG, chamou a “unir forzas” contra a reforma. A sindicalista lembrou que a enquisa “pode que vulnere” a lexislación de protección de datos. Para ela as preguntas son “enganosas” porque, malia súa redacción, non se pregunta por todas as materias.

En realidade, argumenta Dacosta, cuestionase unicamente sobre as materias nas que se podería cambiar o idioma, que no caso da ESO só son 12 das 32 horas lectivas. En todo caso, Dacosta recomendou responder “todo en galego” nas enquisas.

A representante da CIG tamén atacou a censura dos actos informativos. En particular, o feito de que a circular viñera sen asinar, o que “pon en dúbida a súa legalidade”.

Todos os sindicatos defenden o PNL

Dende Comisións, cualifícase a iniciativa de Educación de “pseudoenquisa” pola súa falta de fiabilidade. Este sindicato, a través de Chus Fernández, argumenta que o Goberno vai derrogar o Decreto vixente sexa cal sexa o resultado. Fernández reclamou volver ao consenso do Plan de Normalización Lingüística (PNL), reivindicación que apoian todas as forzas sindicais que foron hoxe ao Parlamento.

Raúl Gómez, da UGT, critica que a Xunta non teña en conta dos órganos legais de representación da comunidade educativa, en particular o Consello Escolar de Galiza. UGT mostrou o seu “apoio decidido” ao actual texto aprobado polo bipartito. Gómez dixo que, en todo caso, “estamos abertos a un debate sobre un novo decreto sempre que supoña promocionar o galego”.

ANPE pide calma

Por último, Xulío Díaz da ANPE pediulles aos partidos que “rebaixen a crispación” sobre o decreto. Díaz argumenta que nos centros non existía unha polémica relevante sobre a lingua até que Educación a introduciu mediante a enquisa. O sindicalista reclamou “calma” á Xunta e que non se precipite na reforma legal. 

O PSdeG, aberto a negociar modificar o Decreto
O PSdeG xuntouse hoxe cos sindicatos do ensino. Os socialistas destacaron as “moitas coincidencias” cos traballadores nas críticas á  ofensiva do PP contra o Decreto que promociona o galego nas aulas. O PSdeG denuncia que a enquisa aos pais e “extemporánea” e “valida unha decisión que xa está tomada”.

Xaquín Fernández Leiceaga mostrouse aberto a negociar a modificación do actual e “equilibrado” Decreto.  Iso si, esixiu que se garanta que os alumnos poidan dominar tanto o galego como o castelán.  O texto “pode ser mellorado”, dixo o voceiro parlamentar do PSdeG.

Sobre a enquisa aos pais, Leiceaga argumentou que, “sen negar o principio de consulta”,  os formularios ofrecen “moitas incógnitas” sobre a súa validez.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río