PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Carlos Callón: 'Opinemos o que opinemos, a Xunta xa ten o decreto'

Redacción .  A Mesa pola Normalización Lingüística rexeitou hoxe a 'actitude chulesca e de prepotencia' da Consellería de Educación porque, segundo denunciou, coa enquisa sobre as preferencias lingüísticas dos pais no ensino a Administración galega 'vai escoitar, pero non fará caso'.

Reloxo 15.06.2009 | 13:39

Reunión dos representantes da Mesa pola Normalización con Educación Reunión dos representantes da Mesa pola Normalización con Educación. Xunta Así o resaltou en declaracións aos medios de comunicación o presidente da Mesa, Carlos Callón, tras manter durante case unha hora unha reunión co conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, en San Caetano.

"Hoxe demostrou o conselleiro e o secretario xeral que é un paripé e teatrillo porque xa teñen pensando o que van facer", sostivo Callón. "Opinen o que opinen as organizacións xa teñen o decreto. Van escoitar a xente, pero non van facer caso ao que opinen", apostilou. "Non hai garantía de que os resultados non sexan inventados pola consellaría", advertiu.

Neste sentido, a Mesa considerou que a intención da consellaría "é derrogar o decreto actual para dar pasos atrás". "Significa o primeiro retroceso en toda a etapa autonómica", dixo Callón e engadiu que "non desmantela o avanzado co bipartito, senón todos os avances conseguidos na etapa autonómica".

Mobilizarse

Por iso, Carlos Callón considerou que "é necesario mobilizarse". Así, advertiu de que o goberno do PP "vai aproveitar o verán" para impulsar as "medidas de involución", polo que avogou por realizar protestas na época estival e a principios do próximo curso 2009-2010.

Respecto diso, o representante de Mocidades pola Normalización Lingüística, Fran Rei, rexeitou o "ataque sistemático cara ao idioma" e reclamou que se teña en conta" a opinión dos novos estudantes. "Queren dar a súa opinión e imposibilítaselles na práctica", lamentou.

Moi tenso

Callón explicou que a primeira reunión mantida co conselleiro e co secretario xeral "foi cordial e moi tensa por momentos". Así, lamentou a "actitude de prepotencia mantida en cuestións fundamentais" por ambos os representantes da Administración educativa.

Por iso, reclamaron no encontro que se manteña o actual decreto de galego no ensino en vigor, porque está apoiado por máis do 90 por cento dos sindicatos, asociacións de pais e nais, movementos pedagóxicos e outros colectivos. "Defendemos o decreto actual, que significa consenso da comunidade educativa e do Parlamento", aseverou.

Nesta liña, o representante da Mesa insistiu en que a enquisa que esta semana se lles realiza aos pais e nais é unha "consulta fraudulenta e tendenciosa" que, segundo explicou, "permite responder que todo o ensino pode ser en castelán, pero non en galego". "É unha pregunta tramposa e falseada", agregou e engadiu que se trata dunha "consulta feita a medida dos intereses do PP".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río