PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
BLOG XOSE LOIS GARCIA
Xosé Lois
García
Escritor
O teatro en Angola: José Mena Abrantes
Comezo con este post a dar conta do momento actual do teatro na Lusofonía. Mena Abrantes, de 64 anos, é un dos expoñentes máis interesantes do teatro da independencia de Angola.
 15.06.2009 | 12:58

A contribución do teatro angolano á literatura lusófona constitúe un dos puntais mais sólidos que se ten dado en África despois do 11 de novembro de 1975, data da independencia de Angola. A fase do teatro colonial desde a segunda metade do século XIX até esta data tiña un clientelismo circunscrito na dramaturxia colonial-relixiosa, que cumpriu a súa abstracción daquel teatro orixinal e emancipador dos naturais. Dada a práctica das dramatizacións teatrais das liturxias animistas e doutros rituais, baseados en feitos históricos e mitolóxicos, concretados no pre-drama, esclarecen a base orixinal do teatro angolano.

Mais a base do teatro actual de Angola xorde das contradicións entre o colonialismo e a loita de liberación nacional. A longa experiencia de resistencia deulle cabida a unha modalidade exemplar nos ámbitos dramatúrxicos, na que se escribía e representaba. A presenza do influxo nacionalista e proletario como desafío invulnerábel de chegar ao cidadán expresan unha descuberta de enorme valor no teatro angolano, grazas a unha serie de dramaturgos, dos que sobresaen Domingos Van-Dúnem, João Maimona e José Mena Abrantes.

En José Mena Abrantes (Malanje, 1945) concorren varios extremos do teatro nacional angolano. Como dramaturgo, director, fundador de grupos escénicos como Tchinganje, Xilenga-Teatro, Elinga-Teatro. Ademais de crítico e historiador teatral, participa nos grandes eventos do teatro mundial. O seu proxecto teatral concorre en varias direccións e espazos, levando o teatro angolano a outras xeografías e introducindo obras doutras latitudes, como Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, obra representada en Luanda, polo grupo Xilenga-Teatro en 1989.

Con Mena Abrantes, o teatro angolano recupera historias da longa etapa colonial; clasifica eventos de rebeldía que fructificaron en toda Angola. Da súa dramaturxia emerxen persoeiros implicados na loita de clases e no nacionalismo angolano. A súa primeira obra: O grande circo auténtico (1978), é unha farsa traxicómica na que pon en acción a transcendencia da loita entre o explotador e o explotado en Angola. Hai outras de tinte histórico, personalizado na escravista dona Ana, en Zé do Telhado, o “bandido” portugués que expropiaba a ricos para darlles aos pobres. Nandyala ou a tiranía dos monstros, Cangalanga, a doida dos Cahoios, Pedro de Andrade, a tartaruga e o xigante, A última viagem do Príncipe Perfeito, son obras que resumen varias parcelas históricas daquela Angola colonial. Outras tantas obras de Mena Abrantes constitúen ese apartado de loita, resistencia, existencialismo, nas que se individualizan outras expresión angolanas que o seu teatro exhibe portento.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río