Redacción . Tras a resposta social pola teima do PP de derrubar o decreto a prol do galego no ensino, o responsábel de Política Lingüística da Xunta demanda 'deixar a un lado as rivalidades partidistas'.
Así, no marco da homenaxe ao escritor lucense Aquilino Iglesia Alvariño polo centenario do seu nacemento, celebrado en Abadín, Lorenzo apelou ao "consenso e a concordia". "O pobo galego non nos vai perdoar que non sexamos capaces de deixar a un lado as rivalidades partidistas cando se trata da lingua galega", destacou ao considerar "o idioma" como "a base da convivencia –de Galicia– como pobo". Finalmente, o ex-profesor da Universidade de Vigo recordou e valorou o traballo realizado polo escritor homenaxeado, que foi membro da Real Academia Galega, "a favor do idioma e a cultura de Galicia".
Anxo Lorenzo, secretario xeral de Política Lingüística.
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, prometeu o venres que o seu departamento levará a cabo "unha promoción activa" do galego a través dunha política que, "sendo diferente ás anteriores, está baseada na promoción activa e multidimensional" do idioma propio de Galicia.
Descargar Tarifas