PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
A nova directiva suprime o Servizo de Cultura
O programa 'Libro Aberto' deixa de emitirse na TVG

Redacción .  O espazo cultural 'Libro Aberto' desaparece da grella da TVG a partir do 24 de xuño, cando se emita por última vez. Segundo informa o director do espazo, Luís Rei, a nova directiva suprimiu o Servizo de Cultura, polo que quedan no aire outros programas como 'Miraxes', 'Alalá'. 'Planeta Cine', 'Onda Curta' ou 'Ben falado!'.

Reloxo 12.06.2009 | 13:56

Manuel Romón, presentador de 'Libro Aberto' Manuel Romón, presentador de 'Libro Aberto'. CRTVG

Luís Rei asegura nun comunicado que “os responsábeis da Galega tomaron a decisión de suprimir o Servizo de Cultura, creado en outubro de 2005”, polo que queda no aire a continuidade dos programas 'Miraxes, 'Planeta Cine', 'Alalá', 'Onda Curta' ou 'Ben falado!'.

Polo de agora, só confirma a desaparición de 'Libro Aberto', que se emitirá por última vez o 24 de xuño. O director do programa, e até o momento responsábel da área de Cultura da compañía, lamenta que a canle pública “perda un espazo que durante catro anos acudiu puntualmente á súa cita semanal cos amantes dos libros e da literatura”.

Nese tempo, emitíronse 127 programas, con máis de duascentas entrevistas a autores galegos (como Fernández Paz, Manuel Rivas, Marina Mayoral ou Luz Pozo Garza), e de fóra (como Bernardo Atxaga, Ferreira Gullar, Eduardo Galeano ou Luis Sepúlveda); con presenza en feiras como as de Guadalajara (México) ou Bolonia; e monográficos como os de Brais Pinto, Xosé María Castroviejo ou Ramiro Fonte.

Ademais, 'Libro Aberto' obtivo o Premio Fernández del Riego dos editores galegos e, segundo o seu responsábel, acadou unha audiencia que (sempre que a emisión foi os mércores ás doce e media da noite) triplicou a dos programas similares doutras canles públicas.

Luís Rei considera que “pechar para sempre un espazo dedicado aos libros sería un gravísimo paso atrás”, polo que formula o desexo de que en setembro a Televisión de Galicia “volva deixar que a literatura atope un moi necesario espazo nas súas emisións”.
 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río