PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
VITORIA PARA A LIBRE COMPETENCIA
O Explorer non virá de serie co novo Windows

Redacción .  Microsoft anunciou que a próxima versión do seu sistema operativo, Windows 7, non incluirá o navegador Internet Explorer, pero só en Europa. Isto significa que o xigante estadounidense da informática terminou por ceder ás presións da Unión Europea (UE) e doutros fabricantes, que lle acusan de prácticas monopolísticas.

Reloxo 12.06.2009 | 11:19

Imaxe do futuro Windows 7 Imaxe do futuro Windows 7 "Dados os procedementos legais en curso, decidimos que, no canto de incluír Internet Explorer en Windows 7 en Europa, ofrecerémolo de forma separada e mediante un procedemento que facilite a súa instalación, tanto aos fabricantes de computadores como aos usuarios", sinalou o vicepresidente e subdirector da asesoría xurídica da compañía, Dave Heiner.

Bruxelas acusara a Microsoft de abusar da posición dominante de Windows, instalado en cerca do 90% dos computadores persoais que hai no mundo, ao incorporar sistematicamente o seu propio navegador.

A empresa de Redmond escudábase ata agora en que o Explorer era unha parte crave do seu sistema operativo. No entanto, si accedera a desactivalo. Agora, Bruxelas podería obrigarlle a incluír outros produtos da competencia como Firefox (a alternativa libre), Opera (de Apple) ou Chrome (de Google).

Un portavoz do Executivo comunitario afirmou que os usuarios "deben ter a oportunidade de elixir que navegador da competencia queren instalar en Windows, con ou en lugar de Internet Explorer, e cal desexan por defecto".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río