PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Pídenlle á Xunta que preste atención aos verdadeiros problemas
Pais de alumnos dubidan do rigor científico da consulta de Educación

Redacción .  O presidente da Confederación Galega de Apas de Centros Públicos (Confapa), Virxilio Gantes, cuestionou hoxe o 'rigor científico' da enquisa que realizará a Consellaría de Educación entre os pais con fillos en idade escolar sobre o uso do galego nas aulas e instou a Xunta a preocuparse dos 'verdadeiros problemas' do ensino público.

Reloxo 11.06.2009 | 20:09

Estudantes nunha aula Estudantes nunha aula. Paco Vilabarros En rolda de prensa, Gantes citou a mellora dos equipamentos dos colexios, a dotación de profesores de apoio e coidadores para o tramo de educación infantil e a falta de prazas en comedores escolares como as "prioridades" da escola pública. Así, pediulle ao Goberno galego que "deixe en paz" a comunidade educativa "cunha guerra que nunca existiu" e que atribuíu a un intento "de deixar en segundo plano as necesidades reais".

Do mesmo xeito, argumentou que a educación debe ser resultado "do consenso entre todas as forzas políticas" e sostivo que, en todo caso, "debe ser a sociedade en xeral e non só os pais os que opinen". Tamén criticou o propio sistema da enquisa, porque "as familias numerosas poden cubrila tres ou catro veces, segundo o número de fillos, e o que teña un, só unha vez".

Ademais, o responsábel da Confederación Galega de Apas de Centros Públicos preguntouse por que, seguindo "o mesmo" criterio, "non se lle pregunta" á sociedade a súa "opinión" sobre "os impostos ou as peaxes". "É o Parlamento galego ao que lle corresponde lexislar", defendeu.

Para rematar, reprobou que na reunión que mantivo a súa asociación o pasado mes de maio co conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, este asegurou que a consulta era "exclusivamente para saber como estaba o ensino en Galiza". Fronte a isto, Gantes sostivo que, en todo caso, debería contarse coa opinión dos consellos escolares.

“Ruptura irresponsábel”

Nos mesmos termos manifestáronse os portavoces de Educación e Lingua do PSdeG no Parlamento Galego, Guillermo Meijón e Francisco Cerviño, respectivamente, cos que os representantes de Confapa-Galicia mantiveron hoxe unha reunión na súa sede da Coruña.

Pola súa banda, Cerviño cualificou a postura do Executivo autonómico sobre o decreto do galego como unha "ruptura irresponsábel" do consenso alcanzado por todos os partidos políticos a través da Lei de Normalización Lingüística.

Do mesmo xeito, Guillermo Meijón cualificou de "fraudulenta" e "facilmente manipulábel" a enquisa da Consellaría de Educación e criticou que se lles consulte aos pais, "pero se deixe á marxe de calquera opinión ao Consello Escolar de Galicia".

"Por que non se consulta polas carencias dos centros?", expuxo Meijón, quen acusou as manifestacións do presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, e do conselleiro de Educación sobre o decreto do galego como a "verborrea da confrontación".

"O seu único compromiso é derrogar un decreto, pero non sabemos a día de hoxe o que pretenden", subliñou o deputado socialista, quen cualificou de "lamentábel" que a Consellaría de Educación "para o único que teña diñeiro é para o ensino concertado".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río