PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
SOCIO DA FIRMA TÉXTIL DE 'EL NIÑO'
Guerra pediulle axudas á consellaría que agora dirixe

Manuel Vilas Alberte Núñez Feixóo defende que Guerra sexa conselleiro de Industria do Goberno Galego, malia que teña organizado a produción da súa empresa en Portugal.

Reloxo 11.06.2009 | 17:30

Xavier Guerra, conselleiro de Industria, recibindo un premio pola súa firma téxtil 'El Secreto del Mar' Xavier Guerra, conselleiro de Industria, recibindo un premio pola súa firma téxtil 'El Secreto del Mar'. a3mblog É un bo exemplo o conselleiro de Industria, copropietario dunha empresa téxtil baseada en Vigo pero que produce en Portugal? Alberte Núñez Feixóo evitou responder claramente esta cuestión este xoves na rolda de prensa tras o Consello da Xunta.

Guerra competiu por axudas da que hoxe é a súa consellaría

Iso si, o mandatario defendeu o seu conselleiro, Xavier Guerra, a quen cualificou de “empresario 'intachábel'” e como “un dos mellores profesionais de Galicia”.

Guerra é socio de 'El Secreto del Mar', firma téxtil dirixida dende Vigo pero que di producir en Porto. Esta empresa, famosa pola marca 'El Niño', competiu en 2008 por axudas da Consellaría de Industria, o mesmo departamento que agora dirixe o empresario vigués.

O conselleiro defende a súa firma na Cámara

A Guerra indignáronlle as acusacións da oposición este mércores no Parlamento sobre a súa dupla condición. Socialistas e nacionalistas destacan que, no seu cargo actual, terá que decidir, por exemplo, sobre subvencións a competidores de 'El Secreto del Mar'.

Insinuacións que levaron a Guerra a conseguir unha quenda extra para defender a súa empresa no pleno. BNG e PSdeG responderon abandonando o hemiciclo ante o que entenderon como a explotación par un fin privado do Parlamento.

Feixóo dille a oposición que aprenda a perder

Feixóo vinculou esta protesta, para el unha “arroutada", co éxito do PPdeG nas europeas. “Hai que saber perder”, espetoulle á oposición.
 
O conservador defendeu ademais o dereito de empresarios e profesionais a ser conselleiros. Para Feixóo hai dous tipos de “persoas que se adican a política”. Aqueles que proveñen da función política, como o propio Feixóo, e os que que teñen “outros medios” de gañarse a vida, como Xavier Guerra.

O PSOE di que Guerra abriu a porta a que se debata sobre as subvencións ás firmas que compiten coa súa
A deputada socialista Laura Seara advertiu de que o conselleiro de Economía e Industria, Xavier Guerra, "abriu a porta" a falar na Cámara autonómica da concesión de axudas do Igape a empresas que compiten coas súas, tras a súa intervención no Pazo do Hórreo do pleno de onte.

Así concluíron os socialistas despois de que, na sesión celebrada este mércores, o conselleiro de Economía e Industria ofrecese nunha intervención por "alusións" a deixar en mans da presidenta da Cámara, Pilar Rojo, "o imposto de sociedades das súas empresas" correspondente a 2007 e 2008 "para que vexan (os deputados) a riqueza que se crea".

Estas palabras debéronse ás críticas do voceiro nacionalista, Carlos Aymerich, quen se referiu ao conselleiro como "o grande empresario que deslocaliza" a produción das súas empresas e crea postos de traballo "en Portugal". A iso, Guerra replicou: "as empresas non son fábricas e cando vostede cree o valor que nós creamos nun ano, poderá falar".

Deste modo, Laura Seara, que tachou de "porteira do Goberno a presidenta do Parlamento por deixar intervir o conselleiro por "alusións", fixo súas as palabras do voceiro do seu grupo, Xaquín Fernández Leiceaga, para advertir de que a intervención do titular de Economía e Industria abre a posibilidade de abordar "como se van conceder as axudas" aos posíbeis competidores das empresas do conselleiro.

De feito, os socialistas "tomarán nota" da actuación do conselleiro de cara ao futuro tras as súas palabras na Cámara "para contar a súa vida empresarial", advertiu Laura Seara.
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río