PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Fala o rexedor vigués
Abel Caballero: 'A delegación de Vigo ten menos competencias que antes'

Redacción .  O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou hoxe que a delegación territorial da Xunta na cidade ten menos competencias agora que co anterior Goberno autonómico, e acusou o presidente galego, Alberte Núñez Feixóo de cometer unha 'fraude' e un 'engano masivo' aos vigueses.

Reloxo 11.06.2009 | 16:44

O alcalde de Vigo, Abel Caballero O alcalde de Vigo, Abel Caballero. Sonia Daponte/AGN Caballero anunciou hoxe que lles encargara un informe a "prestixiosos consultores" sobre a configuración xurídica da delegación de Vigo, que fai unha "lectura sosegada" do decreto de delegacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

A ese respecto, o alcalde recordou que, mentres A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra teñen unha delegación, o que hai en Vigo é un "servizo territorial", e denunciou que, ademais de non ter "o mesmo rango que Pontevedra", a cidade olívica perdeu todas as competencias que tiña en materia de Traballo, en favor da capital de provincia.

O rexedor subliñou que Vigo ten agora "unhas poucas competencias en sanidade", as mesmas que tiña de facenda e de Mar, e que se retiraron todas as de Traballo", á vez que denunciou que "a cidade máis industrial de Galiza non ten delegación de Industria, a pesar de que o conselleiro –Xavier Guerra– é vigués". Ademais, explicou que a delegada Lucía Molares non participa na mediación do conflito do Metal "porque non ten competencias en Traballo".

Abel Caballero tachou o decreto de delegación de competencias de "chapuza intolerábel" e insistiu en reclamar para a cidade olívica a delegación das dez consellerías da Xunta. Tamén recordou que "hai indignación" entre a sociedade civil viguesa, afectada por unha "sensación masiva de engano".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río