PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
DEFENDE A OPINIÓN DOS PAIS
Feixóo ve un Decreto do galego para 'moito tempo'

M. V O líder conservador respondélle ao Colexio de Psicólogos que a súa opinión é tan válida como o resultado da polémica enquisa.

Reloxo 11.06.2009 | 13:52

Alberte Núñez Feixóo, no Consello da Xunta Alberte Núñez Feixóo, no Consello da Xunta. AGN

O presidente da Xunta teimou este xoves en defender a consulta do galego no ensino. Malia a oposición de todos os sindicatos e a maioría das asociacións de pais, Alberte Núñez Feixóo segue a argumentar que a opinión dos proxenitores debe ser a base para decidir cantas materias se imparten na lingua do país. É máis, o líder do PPdeG aspira a que o novo Decreto do galego no ensino dure “moito tempo”.

Preguntado polo rexeitamento do Colexio de Psicólogos á iniciativa, o líder conservador respondeu que “todo o mundo ten dereito a opinar, daquela como non van opinar os pais sobre algo tan importante como a educación dos seus fillos?”, dixo na rolda tras o Consello da Xunta.

Feixóo foi máis alá e dixo que o novo Decreto “terá implantación por moito tempo”. O presidente dixo que había dous tipos de políticos, os que só pensan nos inmediatos resultados electorais e “os que pensan nas seguintes xeracións”, grupo no que el di formar parte.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río