Redacción . A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística está a desenvolver unha campaña informativa sobre a consulta que está a realizar a Consellaría de Educación verbo da lingua no ensino. A través do reparto de trípticos, os docentes fanlles saber ás familias datos significativos, como que o alumnado galego ten mellor dominio do castelán que a media española.
Crianzas nunha saída da escola infantil.
Sabía que o alumnado galego ten mellor dominio do inglés que a media española? Outro tanto acontece co castelán. Para evitar o descoñecemento das familias ao redor da situación lingüística no ensino, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL) emprendeu unha campaña de carácter informativo.
Ante a actual situación na que o idioma está a ser utilizado para separar os galegos e galegas nunha loita na que un sector da sociedade busca a desaparición da lingua no sistema educativo, os docentes consideran que cómpre ofrecer información rigorosa para que as familias poidan decidir os mellor para os seus fillos e fillas.
A Coordinadora subliña no tríptico informativo que “intereses políticos, que non educativos, crearon un problema no ensino ao redor das dúas linguas oficiais da comunidade, que pode derivar nunha perigosa fractura social”.
Descargar Tarifas