PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Acordos con Google e Amazon
A Biblioteca Nacional entra no mundo dixital

Redacción .  A Biblioteca Nacional xestiona un convenio con Google Books segundo anunciou a directora da institución, Milagros del Corral.

Reloxo 10.06.2009 | 10:40

Biblioteca Nacional no Paseo da Castellana. Biblioteca Nacional no Paseo da Castellana.

A Biblioteca Nacional (BN) xestiona convenios coa páxina web Amazon.com e co portal Google para que os contidos da Biblioteca Dixital Hispánica estean dispoñíbeis en Google Books.

Sen embargo os textos non estarán visíbeis de maneira integral, Os que queiran lelos por completo terán que clicar no encalde que leva a páxina web da BN. “Foi unha forma que atopamos para que as persoas non accedan ao noso contido solo por Google”, xustificou a directora.

Milagros del Corral anunciou unha forte aposta polas novas tecnoloxías e revelou que a BN dixitaliza a prensa diaria dende 1999. A directora explicou que para facer a Biblioteca Dixital Hispánica se optou por un proceso de dixitalización “distinto”. “Estamos por algo que chamamos Biblioteca Espallo, unha especie de espello dixital do que é a Biblioteca Real”, explicou. Del Corral relatou que o proxecto que contou cunha axuda inicial de 500.000 euros do Ministerio de Industria, acabou abrindo o camiño para un acordo de 10 millóns de euros co Telefónica para a dixitalización dos seus fondos. Na actualidade a Biblioteca Dixital Hispánica ca ten 18.000 obras dixitalizadas e conta con ter 600.000 no horizonte de 2012.  

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río