PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Naufraxio en Cabo Prior
O mal tempo obriga a repregar o dispositivo de busca

E. P O buque "Don Inda" permanece na zona porque é o único preparado para soportar as condicións meteorolóxicas, con ondas de até 10 metros.

Reloxo 15.01.2008 | 13:29

As malas condicións meteorolóxicas e o estado do mar con ondas de até 10 metros obrigan a repregar o dispositivo de rescate do naufraxio do pesqueiro 'Cordeiro' en Cabo Prior (A Coruña), aínda que o buque “Don Inda” permanecerá na zona de procura posto que é o único que "preparado" para soportar as condicións actuais.

Segundo informaron dende Salvamento Marítimo, a situación é complicada por mar arborada, a visibilidade é practicamente nula e o vento sopra do suroeste con forza de 60 nós e forza 11. Ademais, as ondas alcanzan os 10 metros de altura.

As mesmas fontes precisaron que estas características provocan unhas "condicións imposíbeis para o dispositivo de rescate, polo que obrigou a iniciar a retirada dos medios, entre os que se atopan os helicópteros 'Helimer Galicia', 'Pesca I' e Pesca II'; as embarcacións 'Shaula' e 'Mirfak' -que conseguiu rescatar ao patrón maior-; a 'Ibaizábal I', a embarcación da Xunta 'Irmáns García Nodal' e cinco pesqueiros que faenaban pola zona.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río