PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
PARA XUSTIFICAR O RETROCESO DO GALEGO
O PP vincula defensa da lingua e 'batasunización'

Manuel Vilas Os conservadores resucitan pantasmas e aprovéitanse dos ataques ao coche da presidenta de Galicia Bilingüe para denunciar unha suposta 'batasunización da sociedade galega'. Foi no primeiro debate no Parlamento sobre o recorte do galego na administración, que non foi defendido por ningún conselleiro.

Reloxo 09.06.2009 | 12:33

Antonio Rodríguez Miranda, deputado do PPdeG Antonio Rodríguez Miranda, deputado do PPdeG. AGN

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Díxoo Antonio Rodríguez Miranda, o deputado encargado de xustificar a reforma da Lei de Función Pública por trámite de urxencia. BNG e PSOE só tiveron cinco minutos para amosar a súa oposición a que non sexa obrigatorio un exame de galego para traballar na Xunta.

Curiosamente, ningún representante do Goberno deu a cara para xustificar este cambio de urxencia. Só o defendeu Rodríguez Miranda, que explotou os ataques ao automóbil de Gloria Lago, presidenta de Galicia Bilingüe, unha asociación coa que Miranda dixo “non coincidir”.

Nota de prensa en castelán

Ao mesmo tempo da polémica intervención, o PPdeG mandaba unha nota de prensa de condena dos ataques en Vigo. Nota de prensa que, por vez primeira na historia recente do PPdeG, é bilingüe.

A referencia a presunta “batasunización” provocou un altercado verbal nas bancadas entre o conservador Miguel Santalices e Bieito Lobeira, do BNG, que acusou os conservadores de ser os "criados" de Galicia Bilingüe. A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, tivo que chamarlles a atención.

A falsa escusa da liberdade

Lobeira destacara na súa intervención que a reforma logrará que ”veñan moitos funcionarios de fóra”. Trátase, segundo o Bloque, da “eliminación dunha garantía tan precaria como era que houbese algunha proba en galego para acceder a administración autonómica e aos concellos”.

Os conservadores xustifican a reforma porque estaba no programa electoral e os opositores deberán acreditar saber galego mediante algún certificado. Argumento desmontado hoxe por Lobeira. “Hai persoas neste Parlamento que só por facer o Bacharelato teñen o CELGA cando son auténticos analfabetos funcionais en lingua galega”, dixo o nacionalista ante as evidentes dificultades de moitos parlamentarios para falar un galego minimamente intelixíbel.

O PSOE non cae na trampa "do consenso"

O PSOE tamén atacou a nova política lingüística do PP, que cualificou de “carnicería” contra os dereitos dos galegos. “Trátase de que polo menos unha das probas para entrar na Xunta se faga en galego”, dixo Xosé Manuel Laxe para derrubar o argumento do PP de que se trata de garantir a “liberdade lingüística”.

O socialista asegurou que a reforma é “un paso máis no brutal ataque do PP aos dereitos lingüísticos dos galegos”. Laxe reclamoulle ao PP que volva ao consenso da época de Manuel Fraga. “O PP de hoxe nada ten que ver co PP de Fraga”, lamentou.

Tras o debate, os 38 deputados do PPdeG aprobaron en solitario a tramitación pola vía de urxencia desta modificación da Lei de Función Pública.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río