PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
ELIXIDOS OS CONSELLOS DA CRTVG E RTVE
Novas promesas de medios independentes da Xunta

Manuel Vilas O PPdeG, ao igual que fixera o bipartito no comezo do seu goberno, promete 'que os medios públicos deixen de ser gobernamentais'. A oposición lémbralle a censura do documental sobre as vacas tolas pola nova dirección.

Reloxo 09.06.2009 | 10:42

Votación do Consello na CRTVG no Parlamento de Galicia Votación do Consello na CRTVG no Parlamento de Galicia. Manuel Vilas

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Os tres partidos do Parlamento pactaron o novo Consello de Dirección da CRTVG e de RTVE en Galicia. Sen novidades sobre o previsto, na cúpula que controlará o ente público galego só haberá catro xornalistas.

A case total ausencia de profesionais dos medios –o PSOE incluso presumiu que a metade dos seus candidatos eran xornalistas–, non lle impediu aos grupos presumir da neutralidade que buscan co novo Consello.

“Todos estamos na mesma intención de que os medios públicos deixen de ser gobernamentais” prometeu o voceiro do PPdeG, Manuel Ruíz Rivas antes da votación.

Censura de 'Caixa Negra'

Os outros partidos tamén introduciron antes do sufraxio os seus puntos de vista, neste caso críticos, sobre o inmediato futuro da compañía pública. O BNG lembrou que a votación fecha o conflito desatado pola negativa do PP, na lexislatura  anterior, a permitir cubrir a praza dun membro do consello falecido, o nacionalista Lois Obelleiro. O voceiro parlamentar nacionalista tamén criticou a “imposición unilateral do director da CRTVG” e a “censura” do capítulo da serie documental 'Caixa Negra' sobre as vacas tolas o pasado martes.

Con todo, Aymerich mostrouse aberto a pactar “un novo marco legal”, a prometida reforma da CRTVG para facela máis independente que non aprobou o bipartito e que agora tamén promete o PP.

A invitación foi ben recollida polo PPdG e o PSOE. Xaquín Fernández Leiceaga, voceiro socialista, tamén lembrou o incidente co documental e destacou que o ente debe centrarse en promocionar o idioma.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Membros dos consellos de CRTVG e RTVE en Galicia

No caso do PPdeG, repiten no cargo a xornalista Ana Peón, o ex presidente provincial do PP en Lugo Xosé Luís Iravedra e o ex alcalde de Verín Xoán Manuel Ximénez Morán. Ademais, incorpóranse a profesora da Facultade de Ciencias Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela María Bastida, o ex director da TVG Arturo Maneiro e o que foi xefe de gabinete da Consellaría de Xustiza durante o último Executivo de Manuel Fraga, o avogado Hixinio Meixide.

Pola súa banda, os socialistas galegos manteñen como conselleiro o sindicalista da UGT Xoán Carlos Araúxo; ao tempo que introducen os xornalistas Carlos Rodríguez -foi xefe de gabinete da Consellaría de Medio Ambiente con Manuel Vázquez- e Roberto Cid -o anterior director de informativos da TVG- e á licenciada en Dereito Adriana Fernández, cun "marcado perfil xurídico para temas laborais".

Os nacionalistas apostan polos responsábeis de Organización e Acción Municipal da formación frontista, Monserrat Prado e Manuel Antelo, respectivamente. A primeira traballa como funcionaria na sanidade pública, mentres que o segundo ten praza como profesor de instituto.

Televisión Española

Ao respecto do consello de Televisión Española, configurarán o órgano de dirección o xornalista Fernando Rodríguez Méndez, o doutor en Bioloxía Ánxo Currás Fernández, o licenciado en Xeografía e Historia Ánxo Sicart Ximénez, o técnico de banca Xoán Méndez, os licenciados en Ciencias da Información Xosé Miguel Alonso Boo e Luís de la Matta Cantó e o licenciado en Empresariais e traballador de banca Agustín Reguera Ocampo.

Pola súa banda, os socialistas optan polos xornalistas Xosé Ramón Carballo Rodríguez e Esperanza González Martín, e Xoán Xosé Quintáns Paredes e María Palomi Rodríguez Castiñeira.

Finalmente, os nacionalistas propoñen o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, Miguel Túñez, e á ex membro do consello da CRTVG Cecilia Pérez Orxe.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río