PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
En Europa
Os inmigrantes, preocupados polo 'avance' da extrema dereita

Redacción .  As asociacións de inmigrantes están 'tristes, preocupadas e inquietas' despois do resultado electoral, polo 'avance' que os partidos de extrema dereita experimentaron no arco parlamentario europeo, un crecemento que, aseguran, podería repercutir negativamente sobre a situación de 12 millóns de extranxeiros que viven no continente.

Reloxo 09.06.2009 | 10:38

Votación no Parlamento Europeo Votación no Parlamento Europeo. PE

Así o expresou o portavoz da Federación de Asociacións de Inmigrantes e Refuxiados (Ferine), Víctor Sáez, quen vaticinou que os próximos cinco anos serán “malos tempos para os inmigrantes” porque na UE “gañou o discurso xenófobo, o das restricións de dereitos e o do medo”.

Sáez coincidiu co portavoz da asociación hispano ecuatoriana, Rumiñahui, Raúl Jiménez, ao afirmar que nos últimos anos “se tirou por terra todo o traballo dos que crían na Europa dos dereitos sociais”, dando paso a unha ideoloxía dominante que “pretende criminalizar aos estranxeiros e quitar dereitos aos traballadores”.

Para Jiménez é “preocupante o avance en países como Finlandia e Holanda, con partidos que son xenófobos e reacistas e que pese a elo lograron un posto no Parlamento Europeo”. Na súa opinión este avence é a proba de que “o discuros contra a migración calou nestas eleccións”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación de Traballadores Marroquís en España (Atime), Kamal Rahmouni, abordou a cuestión en termos de “inquietude e preocupación”. Segundo dixo, aínda que o resultado electoral non sorprende, si provoca certo temor porque “a ultradereita que se abre camiño noutros países europeos é a mesma que fixo da inmigración e a relixión un eixo nas campañas electorais”.

Juan Carlos Rois, presidente da Asociación América España Solidariedade e Cooperación (Aesco), subliñou que máis que un avance da dereita e esquerda, o que viu nestes comicios foi “un avance da abstención, feito que reflexa que cada vez hai máis cidadáns que non  están de acordo cunha serie de predicamentos aínda que aos partidos non parece importarlles”. Rois confesou non sentirse preocupado pola chegada de partidos xenófobos ao parlamento europeo porque, dixo “está por ver se esa dereita brava pode poñer en marcha algunha das medidas que anunciou. É fácil dicir que se vai a expulsar a 12 millóns de persoas pero dubido que iso se poida facer”.
 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río