E. P . O "Cordero" saiu a faenar porque prevían as peores condicións climatolóxicas "para o mediodía", segundo recoñeceu o armador do pesqueiro.
José María Santiago, armador do pesqueiro 'Cordero', con porto base en Ribeira e que naufragou de madrugada a 20 millas de Cabo Prior (A Coruña), recoñeceu que saíron a faenar porque prevían as peores condicións climatolóxicas "para o mediodía".
Santiago admitiu aos medios de comunicación que, ao coñecer as previsións que incluían o aviso de temporal para a mesma madrugada, o pesqueiro decidiu volver pero foi sorprendido polo temporal. Deste modo, o 'Cordero', que viña de faenar nas costas coruñesas, naufragou de forma "case inmediata". "Foi todo moi rápido", lamentou o armador, quen a pesar das malas condicións, admitiu que "moitas veces" se traballou en condicións similares.
O pesqueiro, que contaba cunha tripulación de oito persoas, pasara un revisión hai unha semana. Tras a recuperación dun dos corpos sen vida dun dos mariñeiros, son catro os que aínda desaparecidos, despois de que fosen rescatados con vida tres mariñeiros.
No Juan Canalejo
Os tres atopan "ben", segundo confirmaron fontes do Hospital Juan Canalejo, onde permanecen nestes momentos, aínda que só está ingresado por unha "hipotermia moi leve" o patrón maior, Marcos Antonio Ures García, de 29 anos de idade e natural de Ponteceso (Ribeira) aínda que casado en Malpica.
Os outros dous "non teñen nada". Trátase de José Manuel Parada, contramestre, mentres que o outro outro mariñeiro é de nacionalidade indonesia, ao igual que outros dous tripulantes.
Coordinación de Fomento
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, visitará aos tres rescatados no hospital; mentres que dende Madrid, o secretario xeral de Transporte de Fomento trasladouse a Galiza para coordinar as tarefas de busca. As responsábeis estatais e autonómica de Pesca, Elena Espinosa e Carmen Gallego, desprazáronse até Ribeira, para acompañar ás familias.
Descargar Tarifas