PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
BLOG XOSE LOIS GARCIA
Xosé Lois
García
Escritor
Asasinado o poeta Hélder Proença
O poeta e ex ministro de Defensa de Guiné Bissau, Hélder Proença, morreu asasinado o 4 de xuño nunha cilada que parece obra dos mesmos asasinos do ex presidente Nuno Vieira. Esta triste nova dáme pé a falar da súa obra literaria.
 08.06.2009 | 12:15

Capa dun dos máis importantes poemarios de Hélder Proença Capa dun dos máis importantes poemarios de Hélder Proença

A noite do 4 de xuño entra na historia de Guiné-Bissau como a noite de sangue que correu por ese estraño labirinto político no que están cercados os guineanos. Un dos mais fecundos poetas de Guiné-Bissau, Hélder Proença (1956-2009), caía nunha emboscada do exército en Bula, perto da fronteira co Senegal. En Bissau era asasinado o candidato ás próximas eleccións presidenciais do 28 de xuño, Baciro Dabó, e outros dous achegados, baixo o pretexto das forzas armadas no poder de que ían executar un golpe de Estado. Mentres varios membros do goberno estaban fóra do país. Todas estas prácticas xurdidas desde o poder faise críbel a sospeita que os executantes da morte do ditador Nino Vieira, consumaron a morte de Hélder Proença, antigo ministro de Defensa, e dun grupo de influentes membros do PAIGC (Partido Africano para a Independencia de Guiné e Cabo Verde), fundado por Amílcar Cabral, que non puideron localizar, como a Conduto de Pina membro deste partido e antigo ministro de Turismo, xenro de Nino Vieira.

Guiné-Bissau ten un exercito golpista que provocou unha guerra civil nos últimos anos do século pasado e cun potencial mafioso que, a todas luces, ten preponderancia e poder de desestabilizar un dos países máis pobres e con mais contradicións existenciais de África. Fan deste minúsculo país un campo de batalla que poucos saben dilucidar o posicionamento duns e doutros, que parece que están a facer nós nunha corda chea de esgazos.

Mais o que aquí interesa é revelar a figura literaria de Hélder Proença. Coñecino en Bissau en 1993, xunto a outros grandes poetas como son Conduto de Pina, Tony Tcheka, Odete Semedo e Domingas Samy. Neste mesmo ano publiquei: “Floriram Cravos Vermelhos (Antologia Poética de Expressão Portuguesa em África e Ásia)”. Os poetas guineanos representados nesta está o precursor, Vasco Cabral, e o mais vangardista naquel entón, Hélder Proença. Mágoa daquela xeración de promesas esperanzadas que a guerra e a situación do país enguliu en diversas fases. Tcheka, Semedo e Samy viven fora do pais, nun disfrazado exilio. Proença ficou en terra batida e de Pina anda nas catacumbas.

Hélder Proença tivo un sólido percorrido pola cultura e pola política do seu país. Organizador da primeira antoloxía da poesía guineana, titulada: “Mantenhas Para Quem Luta!” (1977). A primeira entrega que aglutina unha serie de poetas, nun momento preciso no desenvolvemento revolucionario após a independencia. Un ano despois, aparece a súa “Antologia dos Jovens Poetas. O seu poemario mais interesante leva por título: “Não Posso Adiar a Palabra”. Un Libro épico e virado cara o contexto do realismo social, que foi capaz de non caer no tópico do panfleto. Unha aportación necesaria no seu país.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río