PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
'A maior da historia da autonomía'
O PSdeG ve a ‘influencia’ do Opus na campaña contra o galego

Europa Press O portavoz da área institucional do PSdeG, Xosé Manuel Laxe Tuñas, asegurou ver a ‘influencia’ do Opus Dei e ‘os sectores máis ultras’ detrás de ‘ofensiva contra a lingua galega’ que atribúe ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo.

Reloxo 08.06.2009 | 10:34
TAGS: PSdeG , Laxe Tuñas , galego ,

Xosé Manuel Laxe Tuñas, deputado do PSdeG Xosé Manuel Laxe Tuñas, deputado do PSdeG. PSdeG

Nun comunicado, o deputado socialista expresa a "preocupación" da súa formación pola que cualificou de "maior campaña contra a lingua da historia da autonomía galega".

"Nos primeiros 50 días da nova lexislatura estamos diante do primeiro goberno na historia que toma decisións contrarias á lingua galega", condenou.

Neste sentido, cuestionouse se Núñez Feixóo estaría disposto a "consultarlle aos cidadáns sobre a inclusión do Opus Dei no seu goberno" ou decidir "sobre que impostos habería que baixar ou subir en función dunha enquisa cidadá".

Así mesmo, Laxe Tuñas cargou contra o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, ao que acusou de ser "cómplice" dun Executivo que "cada día anuncia unha nova medida ou decisión contra a lingua galega", circunstancia que lamentau ao considerar que a súa traxectoria profesional "indicaba xustamente o contrario".

O deputado socialista defende a validez do decreto que regula o uso do galego no ensino e acusou o PPdeG de romper "o consenso lingüístico" e usar a lingua para a "confrontación política".

"Borra agora dunha plumada toda a política lingüística da etapa de Manuel Fraga na Xunta, comezando polo Plan Xeral de Normalización Lingüística", asegurou, para recordarlle ao Goberno galego a dificultade de lograr consenso nesta cuestión.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río