Redacción . O Partido Popular gañou as eleccións europeas en España con 23 escanos fronte aos 21 do PSOE e cunha vantaxe de máis de medio millón de votos. A coalición 'Europa dos Pobos-Verdes', onde se integra o BNG, acadou un escano, ao igual que UPyD, a sorpresa deste comicios.
O escrutinio do cen por cento dos votos confirmou o que xa se foi avanzando ao longo da noite electoral. O Partido Popular gañou os comicios europeos cunha vantaxe de 3,7 puntos respecto ao PSOE. Os conservadores acadaron o 42,2 por cento dos votos, polo que se fan con 23 escanos no hemiciclo do Parlamento comunitario. Pola súa banda os socialistas, que lograron o 38,5 por cento dos sufraxios, conseguen 21 eurodeputados. En número de votos, a vantaxe de Mayor Oreja sobre López Aguilar é de máis de 580.000, graza sobre todo aos resultados de Madrid e Valencia, onde experimentaron unha suba considerábel. Porén, seguen a descender en Euskadi e non logran despegar en Catalunya. O PP viviu estes resultados como a consolidación de Mariano Raxoi á fronte do seu partido. Despois da vitoria popular en Galiza o pasado mes de marzo, parece que se despexan as dúbidas sobre unha nova batalla interna a curto prazo. UpyD, a sorpresa Pero sen lugar a dúbidas, a sorpresa destes comicios foi UPyD, o partido de Rosa Díez, que acadou un escano, con 449.499 apoios (2,87%), malia ser a súa primeira experiencia comunitaria. Por riba, quedaron a Coalición por Europa e EU-ICV-EUiA-BA, con dous escanos cada un. A primeira formación, encabezada por CiU, PNV e CC, logrou mellorar os resultados de 2004, cando se presentou como GALEUSCA, e Izquierda Unida, que baixou algo, mantén a representación anterior. Ana Miranda no hemiciclo Ademais, Europa dos Pobos-Verdes, na que se integra o BNG, conseguiu un eurodeputado, con 391.962 votos (2,5%). Deste xeito, os nacionalistas galegos poderán volver ao Parlamento comunitario a principios de 2011, grazas ao sistema rotatorio acordado, que levará ao hemiciclo a Ana Miranda. O outro dato chave da xornada foi o de participación. A pesar dos prognósticos que vaticinaban unha forte suba da abstención, nestes comicios europeos votou o 46 por cento do electorado, unhas décimas por riba do 45,9 por cento do 2004. Estas son as sextas eleccións europeas que se celebran en España e, nesta ocasión, elixíronse 50 eurodeputados, fronte aos 54 de 2004. Así e todo, cando se aprobe o Tratado de Lisboa o número de representantes comunitarios volverá á cifra anterior.
O cabeza de lista do PP, Mayor Oreja, con Raxoi.
Ana Miranda estará no Parlamento Europeo.
PP: 6.615.015 (42,23%)---23 deputados
PSOE: 6.032.500 (38,51%)---21 deputados
CEU: 802.225 (5,12%)---2 deputados
IU-ICV-EUiA-BA: 583.708 (3,73%)---2 deputados
UPyD: 449.499 (2,87)---1 deputado
Europa dos Pobos-V: 391.962 (2,5%)---1 deputado
PSOE: 6.741.112 (43,46%)---25 deputados
PP: 6.393.192 (41,21%)---24 deputados
GALEUSCA: 798.816 (5,15%)---2 deputados
IU-ICV-EUiA: 643.136 (4,15%)---2 deputados
Europa dos Pobos: 380.709 (2,45%)---1 deputado
Descargar Tarifas