Redacción . A defensa do galego converteuse no eixo central do acto que Xerais celebrou na illa de San Simón este sábado para dar a coñecer os gañadores dos premios literarios que concede a editorial.
A lingua estivo presente dende o primeiro momento na festa literario-musical na que participaron máis de trescentas persoas. Entre os convidados topábanse Francisco López Barxas, director xeral de Cultura da Xunta; Xabier Méndez, director xerente da Fundación illa de San Simón; e Xurxo Patiño, presidente da Federación de Libreiros de Galiza. Celia Torres, coordinadora dos premios, foi a encargada de presentar o acto que inaugurou subliñando a “importancia de falar a fala nai”, en lembranza a Celso Emilio, e asegurando que Xerais “falará en galego todo o tempo”. Nesta liña, o escritor Agustín Fernández Paz, como mantedor literario do acto, leu o discurso ‘Oito doas para San Simón’, no que fixo unha defensa do papel da creación literaria en lingua galega como forma de participar na cultura da humanidade (texto completo en documento adxunto). A música da velada correu a cargo do dúo de zanfonas ‘Sobre rodas’, integrado por Luís Correa ‘O Caruncho’ e Carlos do Viso, que interpretaron os temas: “Alalá de Muxía”, “Foliada de Baiona”, “O home do sombreiro” e “As matas”.
Os premiados: Rosa Aneiros e Xacobe Fernández.
-XXVI Premio Xerais de Novela
Xurado: Ana Bande Bande (bibliotecaria), César Lorenzo Gil (xornalista), Paz Raña Lama (profesora), Sonia Díaz (xornalista), Bieito Legaspi (profesor e membro de Espazo Lectura) e Fran Alonso, secretario do xurado en representación de Xerais, con voz e sen voto.
*Presentáronse corenta e cinco obras.
-XXIV Premio Merlín de Literatura Infantil
Xurado: Rosana Estévez Pereira (contacontos e membro de Espazo Lectura), Santiago Gutiérrez (ilustrador), Mercedes Pacheco (tradutora), Mª Xesús Pereiro (escritora infantil e profesora), Xan Guillén Vázquez (profesor e coordinador do Premio Literario Frei Martín Sarmiento) e Helena Pérez Fernández, secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto.
*Presentáronse vinte e catro obras.
-IV Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil
Xurado: Verónica Rego (en representación da Fundación Caixa Galicia), Mónica Góñez (profesora e escritora), Pilar Ponte Patiño (profesora), Alba González Méndez (estudante de 4ª da ESO, IES Os Rosais de Vigo), Amanda Bouzada Novoa (estudante de 4º da ESO do IES Os Rosais de Vigo) e Xosé Manuel Moó Pedrosa, secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto.
*Presentáronse dezanove obras.
Descargar Tarifas