PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Director de Xerais
Manuel Bragado: ‘A lingua está a sufrir un ataque sen precedentes’

Redacción .  O director de Xerais manifestou a súa ‘enorme preocupación’ pola ofensiva ‘sen precedentes’ que está a vivir o galego, ‘sobre todo no ensino’. Durante o peche do acto de entrega dos premios da editorial, que se celebrou na illa de San Simón, Manuel Bragado reiterou o seu compromiso coa lingua ‘contra vento e marea’.

Reloxo 06.06.2009 | 21:56
TAGS: Xerais , Bragado ,

Manuel Bragado, director de Xerais Manuel Bragado, director de Xerais. Uvigo

Manuel Bragado evitou falar de datos e resultados nun momento como o actual no que, segundo manifestou, “a lingua está a ser atacada”, sobre todo no ensino. O director de Xerais manifestou a súa “enorme preocupación” por esta ofensiva “sen precedentes” e asegurou que “un retroceso do emprego do galego pode ser fatal”.

Por esta razón, reiterou o seu compromiso co idioma, “malia estes momentos de irresponsabilidade”, e asegurou que continuará “contra vento e marea empregando o galego todo o tempo”. Parafraseando a Méndez Ferrín, lembrou que “na lingua está o ADN do que fomos, do que somos e do que queremos ser”.

Xa en relación coa editorial, Bragado avanzou que Xerais vai iniciar a modificación do seu proceso de traballo. Entre os novos proxectos anunciou a apertura da Biblioteca Dixital Xerais, onde se recollerán contidos electrónicos educativos e os primeiros e-books da editorial.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río