Redacción . O presidente do Goberno central, José Luís Rodríguez Zapatero, recoñeceu que algunhas caixas de aforros españolas teñen problemas. Con todo, asegurou que o Executivo vai facer un esforzo para a darlles apoio financeiro e axudalas a pasar 'dous ou tres anos difíciles'. Tamén animou as entidades a reestruturarse e a fusionarse.
José Luis Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno central.
Zapatero defendeu que o sistema financeiro español está soportando ben as crises e que nin os bancos grandes nin medianos están tendo dificultades, aínda que recoñeceu que algunhas caixas si teñen problemas. O xefe do Executivo sinalou que a maioría destas entidades teñen unha boa situación, pero que algunhas van necesitar axuda financeira do Goberno para atravesar dous ou tres anos difíciles.
No entanto, instou as caixas a que se reestruturen e se fusionen para fortalecer a súa situación e debuxar un novo mapa financeiro de menor tamaño que a crise fai necesario.
Paro
Pola outra banda, Zapatero augurou que a "positiva" evolución do paro en maio, mes que reflectiu un descenso de case 25.000 persoas nas listas do desemprego, terá continuidade no mes de xuño. Segundo apuntou, é un dato "alentador" que "rompeu todas as previsións", pois os expertos esperaban un incremento do paro rexistrado de entre 30.000 e 40.000 persoas.
Descargar Tarifas