Redacción . O I Salón Erótico de Galiza, 'Eros Galicia', abre hoxe as súas portas en ExpoCoruña. Até o domingo os afeccionados ao erotismo, cine e lecer para adultos teñen unha cita coas novidades deste sector. O evento organizado polos promotores do Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona, contará con máis de 400 espectáculos e a actuación de máis de 70 artistas.
Esta primeira edición do Salón Erótico de Galicia ten por obxectivos, ademais de entreter, a normalización de produtos e tecnoloxías da industria do sexo. Ao longo de tres días 'Eros Galicia' acollerá máis de 400 espectáculos repartidos en cinco escenarios, protagonizados por máis de 70 artistas de caché internacional. O salón contará con tres áreas temáticas: 'Mulleres', 'BDSM' (fetichismo e sadomasoquismo) e 'Swingers' (intercambio de parellas), nos que os asistentes, ademais de presenciar actuacións en vivo de actores de cine para adultos de proxección internacional, poderán participar en concursos, facer castings e até presenciar a rodaxe dun film de cine X en vivo. A invitada de honor deste festival erótico será a cantante italiana Cicciolina, que actuará dentro da programación desta cita protagonizando unha performance. Entre os artistas invitados figurarán o director e actor galego de cine para adultos Totó García e o actor David Galant, portavoces desta cita, e a actriz porno galega Yara Lamas. Pero na lista VIP de 'Eros Galicia' tamén teñen confirmada a súa asistencia artistas do cine para adultos como Baby Pinup, Anastasia Mayo, Natalia Zeta, Lesly Kiss, David el Moreno ou Rafa García. A esta lista súmanse estrelas de altura internacional como Cser Franciska, Candy Strong, Nicky, Nataly, Sambuka, Mariana e os integrantes de The Beat Boys Human Show. Na zona de 'Eros Galicia' medio cento de expositores mostrarán e venderán produtos cosméticos, lencería erótica, xoguetes, publicacións especializadas de última xeración. 'Eros Galicia' abre hoxe e mañá de 16:00 a 02:00 horas e o domingo de 12:00 a 22:00 horas. O prezo da entrada é de 20 euros por día.
Presentación de 'Eros Galicia'.
Cicciolina
Descargar Tarifas