PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
NON FIRMARÁ UN NOVO CONTRATO CUNHA CASA DE DISCOS
Pearl Jam súmase ás estrelas que pasan de discográfica e venden en liña

Redacción .  Olivia Newton-John, AC/DC, The Eagles e Prince foron os primeiros artistas 'supervendas' que renunciaron a un contrato discográfico tradicional nos Estados Unidos. Agora é Pearl Jam, unha das bandas máis famosas do rock americano, quen aposta pola venda a través da internet e polo miúdo.

Reloxo 04.06.2009 | 09:58

Pearl Jam presenta 'The Fixer' na televisión americana O grupo quere autoeditar o seu novo disco e que sexa distribuído nos Estados Unidos a través da cadea de tendas Target. A pasada semana, Pearl Jam gravou en Seattle un anuncio para Target baixo a dirección do realizador cinematográfico Cameron Crowe.

Pearl Jam terminou o seu contrato coa multinacional Sony logo de 18 anos. Moito se especulou sobre cal sería o selo discográfico que editaría o seu próximo álbum.

Agora, o manager do grupo confirmou que o disco –que podería titularse 'Backspacer' e editarse a principios de outono– porase á venda nos Estados Unidos sen que Pearl Jam firme un novo contrato cunha compañía discográfica, pero chegando a acordos con distribuidoras e comerciantes polo miúdo, sendo Target o seu apoio principal na posta á venda do LP.

A banda de Eddie Vedder tamén está negociando cunha tenda na internet, unha compañía de telefonía móbil e con tendas independentes. No mercado internacional, o álbum sería distribuído por Universal Music Group.

Unha das novas cancións de Pearl Jam, 'The Fixer', soa no anuncio para Target e é, tamén, unha das candidatas a converterse no primeiro single do álbum. O sinxelo editarase no mes de xullo.

De concretarse a súa asociación con Target, Pearl Jam seguirá os pasos de Olivia Newton-John, AC/DC, The Eagles e Prince, que tamén preferiron non asinar contratos con discográficas e distribuír os seus discos nos Estados Unidos chegando a acordos con cadeas de tendas.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río