PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Se o 90% o escolle na declaración da renda
Marcar o cadro de fins sociais podería acabar coa pobreza no Estado

Redacción .  Con que o 90 por cento dos contribuíntes marcara na declaración da renda a cuadrícula que destina o 0,7% da cota íntegra a fins sociais se podería prestar asistencia a uns oito millóns de persoas, é dicir, a 'case todas' as que no Estado español viven baixo o limiar da pobreza, segundo afirmou o presidente da Plataforma de Infancia, Juan Lara.

Reloxo 03.06.2009 | 10:58

O 3% dos galegos están en situación de pobreza severa O 3% dos galegos están en situación de pobreza severa

Esta organización promove xunto á Plataforma de ONG de Acción Social, a Plataforma do Voluntariado de España e a Coordinadora de ONG para o Desenvolvemento unha campaña que invita aos contribuíntes a marcar esta cuadrícula na súa declaración que é compatíbel coa que  destina o 0,7 por cento a igrexa católica e que non ten ningún custe para o cidadán.

Sen embargo “un terzo dos contribuíntes non marca ningunha cuadrícula”, en opinión de Lara, por un descoñecemento ou por desconfianza. Ademais o 20 por cento dos que sinalaron algunha opción marcaron solo a correspondente á igrexa, “esquecendo que se poden marcar conxuntamente e que se incrementaría moito a recadación porque a igrexa ten cerca de 40 ONG's que participan da asignación por fins sociais”.  

No exercicio 2007 presentáronse a esta subvención máis de 500 millóns de euros en programas de atención social, pero solo houbo recadación para algo máis de 134 millóns. “Quedáronse centos de millóns en programas sen financiar porque non puidemos convencer a máis xente de que marcara os fins sociais”, lamentou Lara.

Cada ano execútanse coa recadación da cuadrícula de fins sociais máis de mil proxectos a cargo dunhas 400 organizacións cuxa labor repercute positivamente na vida de cinco millóns de persoas.  Este ano a recadación podería ser moito maior xa que a base incrementouse porque o Goberno ampliou o 0,52 por cento ao 0,7  por cento a porcentaxe da cantidade íntegra que cada contribuínte pode asignar a estes fins.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río