PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
Expediente nun incidente protagonizado por Vallejo
A clasificación do Rallye Rías Baixas non é definitiva

Redacción .  A clasificación final do Rallye das Rías Baixas, valedoiro para o campionato estatal de condutores sobre asfalto, aínda segue a ser provisional e non se descarta que sufra variacións, por mor dun expediente aberto polos comisarios deportivos da proba.

Reloxo 02.06.2009 | 10:24

A clasificación do Rallye aínda non é definitiva A clasificación do Rallye aínda non é definitiva

O resultado final da cuadraxésimo quinta edición do Rallye Rías Baixas segue no aire a consecuencia da apertura dun expediente por parte do colexio de comisarios deportivos que seguía a proba viguesa. Segundo este organismo, produciuse un incidente no que se viron implicados os vehículos conducidos polo teórico gañador da carreira, o piloto lugués Serxio Vallejo e Álvaro Muñiz, na chegada ao parque de reagrupamento trala disputa da cuarta sección.

Os comisarios chamaron a declarar os equipos implicados, trala celebración da cerimonia de entrega de trofeos. Xa entrada a madrugada decidiron manter aberto o expedientes e non dar, polo de agora, oficialidade aos resultados do rallye coa finalidade de recabar máis información.

Así mesmo, a clasificación final tamén queda pendente no resultado do control antidopaxe efectuado a varios pilotos á conclusión do 45 Rallye Rías Baixas Gran Premio Turismo de Vigo.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río