Redacción . General Motors (GM) acolleuse hoxe á protección por bancarrota para evitar a liquidación da compañía, segundo anunciou a Administración de Barack Obama. A empresa chegou a un acordo cos seus accionistas para declararse en quebra.
Sede de General Motors en Ontario
O grupo automobilístico presentou hoxe perante un tribunal de Nova York a solicitude para acollerse ao capítulo 11 da Lei de Quebras dos Estados Unidos, no que supón a maior suspensión de pagos dunha empresa industrial na historia, cun pasivo de 172.810 millóns de dólares (122.500 millóns de euros ao cambio actual).
Tras a bancarrota, General Motors someterase a un proceso de reestruturación que no que se pecharán perto dunha ducia de plantas produtoras e no que se perderán 20.000 postos de traballos nos Estados Unidos.
Maior participación
Segundo a empresa, o 54 por cento dos titulares de bonos asinaron un trato que lles daría unha participación do 10 por cento, nun movemento que converterá a xigante automotriz nunha compañía moito máis pequena. A cambio poderán aumentar a súa participación no futuro.
O ano pasado, General Motors reportou perdas de preto de 31.000 millóns de dólares e xa recibiu 20.000 millóns do goberno estadounidense como salvavidas. O goberno defendeu a súa intervención argumentando que a alternativa sería ver desaparecer unha industria crucial para a economía do país.
Terceira gran bancarrota
Trataríase do terceiro gran caso de bancarrota na historia dos Estados Unidos, tras a caída de Lehman Brothers e do xigante das telecomunicacións WorldCom.
Descargar Tarifas