PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
Son da época de George W. Bush
Desvelan probas de inxerencia dos EE UU en Bolivia

Redacción .  A Administración de George W. Bush deulle ordes ao ex presidente boliviano Jorge Tuto Quiroga nunha 'clara mostra de inxerencia e submisión', segundo vén de denunciar o viceministro de Coordinación cos Movementos Sociais, Sacha Llorenti. E é que Bolivia revelou este sábado un documento desclasificado polo Goberno dos Estados Unidos (EE UU), coa colaboración do Arquivo Nacional de Seguridade, que así o demostra.

Reloxo 31.05.2009 | 11:24

Evo Morales, presidente de Bolivia Evo Morales, presidente de Bolivia. David Mercado/Reuters

En rolda de prensa, Llorenti exhibiu o documento do Departamento de Estado, no que, segundo dixo, se constata "como os Estados Unidos daban instrucións aos presidentes bolivianos antes do 2006".

"Pomos a coñecemento da opinión pública documentación desclasificada polo goberno dos Estados Unidos de como se daban as instrucións aos presidentes bolivianos antes do 2006 para xerar violencia, confrontación e obviamente a violación da nosa soberanía", denunciou o viceministro.

"Instamos a que vostede erradique a coca agresivamente. Con todo agora nós cremos que simplemente erradicar a coca non é suficiente", reflicte o documento desclasificado dirixido a Tuto Quiroga.

Plan Cóndor

Ademais do documento, este venres o goberno de Bolivia solicitou a colaboración do Arquivo Nacional de Seguridade dos EE UU para sacar á luz unha serie de documentos que conteñen datos sobre crimes cometidos durante aplicación do "Plan Cóndor", nos anos 70 e 80, deseñado para instaurar réximes totalitarios de corte militar en Latinoamérica.

O estudo encabézao o investigador estadounidense, Peter Kornbluh, que presentou o pasado venres en La Paz documentos básicos descubertos nos EE UU que revelan, por exemplo, o intercambio de presos políticos, casos de detención de asilados, así como o seu intercambio e execución.

O documento, a exame no Congreso

Llorenti revelou que o documento desclasificado exhorta a Quiroga ao "peche os mercados ilegais da coca no Chapare, que confisque e queime a coca en tránsito e que arreste os dirixentes (...) Dúas ou tres semanas despois, –o 26 de xaneiro de 2002–, a prensa informa de que todos os dirixentes cocaleiros están tras as reixas acusados de sedición e asasinato, cumprindo as instrucións dos EE UU", afirmou.

Segundo declarou o viceministro, o documento será enviado ao Congreso para que estude o tema relacionado coa inxerencia

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río